Mañán Domingo 11 de Xuño do 2023 comezan as semifinais da Copa da Costa Feminina, por primeira vez cos equipos sen ter que pensar nas fases de ascenso e permanenza tendo que xogar coma se fose a 2Champións da Costa” encontros dunha competición na fin de semana e polo medio da semana outros doutra. Dumbría, Cee, Xallas e Bergantiños buscarán o mellor resultado posible para a volta a vindeira fin de semana. Parte como claro favorito o Bergantiños, que ven de caer con mala sorte no derradeiro encontro polo ascenso na tanda de penaltis. O resto son 3 equipos da 2ª División Galega Feminina , as xalleiras e ceenses conseguiron manterse na categoría, pola sua banda o Dumbría caeu a 3ª División, tras unhas fases totalmente inxustas e anulando o que fixeron na liga, como se esta non houbese valido para nada.
Xallas FC-Bergantiños FC
Día : Domingo 11 de Xuño 2023
Hora : 16:00
Campo : A Fontenla, (Santa Comba)
Árbitro : Manuel Espasandín
Árbitros asistentes : Miguel Blanco e Darío Vázquez
Resultados na liga antre elas : Non coincidiron na mesma liga
CF Dumbría-UC Cee
Día : Domingo 11 de Xuño 2023
Hora : 18:30
Campo : O Conco, (Dumbría)
Árbitro : Alberto Pombo Parga
Árbitros asistentes : Diego Grille e Alejandro Tato
Resultados na liga antre elas : 1-1 nos dous encontros.
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR