PREVIA DA IDA DAS SEMIFINAIS DA “58ª COPA DA COSTA” : “BAIO, DUMBRÍA, SOFÁN E XALLAS A POR UN BO RESULTADO”.

O Xallas eliminaba o Muxía o pasado martes.

 

Mañán domingo 11 de Xuño de 2023 xógase o primeiro “round” das semifinais da “58ª Copa da Costa”, unha copa na que só houbo unha sorpresa, a eliminación prematura co actual campión, o SD Fisterra, que caeu na primeira eliminatoria ante o Baio, (3-1). Os fisterráns eran xunto co Sofán uns dos favoritos a loita final pola condición de ser ambos equipos da Preferente. Polo resto sen sorpresas, ningún equipo da Liga da Costa ou a 3ª da Costa, ligas 100% da costa, foron quen de chegar as semifinais.

 

CD Baio-CF Dumbría

Día : Domingo 11/06/2023

Hora : 16:30 horas

Campo : Platas Reinoso, (Baio)

Árbitro : Óscar Santos Rodríguez

Árbitros asistentes : Roberto Baña e Roi Rey

Resultados antre eles en liga : 0-2 en Baio e 5-0 en Dumbría

 

SD Sofán-Xallas FC

Día : Domingo 11/06/2023

Hora : 19:00 horas

Campo : O Carral, (Sofán)

Árbitro : Bruno Méndez Castro

Árbitros asistentes : David Castreje e Alfonso Caamaño

Resultados antre eles en liga : Non coincidiron na mesma liga.

 

 

 

 -Foto montaxe e Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto : Marina Busto