PREVIA DA GRAN FINAL DA “COPA DA COSTA XUVENIL” : CORME-OUTES

 

GRAN FINAL

“COPA DA COSTA XUVENIL”

CORME CF Vs OUTES CF

Día : Sábado 22/06/2019

Hora : 18:30 

Campo : San Andrés, (Zas)

Árbitro : Juan Marcos Ríos Suárez

Árbitros asistentes : Carlos Señarís e Sebastián Pérez

Resultados en liga : Outes CF 0-4 Corme CF; Corme CF 4-4 Outes CF

Posto en liga : Corme CF : 2º con 71 puntos; Outes CF : 7º con 56

 

PLANTILLAS

CORME CF

Javi Bermúdez, Manu Cancela, Manu Tasende, Martín Costa, Samu Costa, Garrido, Alejandro, Martín Méndez, Mauro, Alexandre, Ángel, Fran Pombo, Aitor, Lucas, Noel e Eloy Villar. Adestrador : Lelo Suárez. Delegado : Jesús Figueroa.

OUTES CF

 Del Río, Ryam, Alejandro, Joel, Nicolás, Fran Lago, Ramón, Lires del Río, Kevin Lariño, Antón, José Ángel, Adrián, Álvaro, Rubén, David, Chrístian, Fabián, Martín, estefan, Alexis, Iván e José. Adestrador : Fernando García. Delegado : Claudino Outón.

 

COMENTARIO

Sobre o papel o gran favorito é o Corme CF, pero moitos destes rapaces non hai moitos anos en cadetes xa viviron unha final en Zas ante o UC Cee e partían como favoritos e de seguro que aprenderon que nas finais ninguén é favortio. Os cormeláns acabaron por enriba na liga e veñen de deixar fora ao ED Os Miúdos que foi o campión de liga 3 puntos por diante deles. Superaron aos outeses no primeiro encontro de liga no “Conchido”, (0-4), pero o Outes CF foi de menos a máis na liga e no comezo da segunda volta xa conseguían sacar un empate no “Cairo”, (4-4), e foron facéndose un equipo máis solvente atrás e goleando. Nos derradeiros 5 encontros gañaron 4 e perderon 1 por 3-2 ante o SD Sofán.

 

CADRO DA “COPA DA COSTA XUVENIL 2018/19”

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies