PREVIA DA FINAL DA “LXI COPA DA COSTA” : “O corazón da Vila do corazón da Costa da Morte contra a Vila da vida da Costa da Morte”.

Mañán 24 de maio do 2026 disputarase no Irmandiños de Vimianzo a finalísima da 61ª edición da Copa da Costa, o evento deportivo máis seguido do fútbol afeccionado en Galicia e nela enfrontaranse o CF Muxía, (1964), e o SCD ,alpica, (1971), dous equipos míticos do fútbol costeiro, pertencentes a dous pobos similares, duas penísulas, dous pobos pesqueiros abertos o nordés unidos por un mesmo mar e por unha amizade secular. O “Corazón da Costa da Morte”, do concello máis occidental de Galicia e de España, co Santuario da Nosa Señora da Barca e o Cabo Touriñán cono guías, e “A vila da vida na Costa da Morte”, co Santuario de San Adrián e as Illas Sisargas como guías.

Finais de Copa

O CF Muxía, nos seus comenzos en tempos de Franco, CF Mugía, na sua historia xogou 2 finais, esta será a terceira. A primeira foi no 1966 tan lembrada o pasado ano onde foron homenaxeados 5 dos 6 superviventes daquela final que se xogou a tres partidos ao empatar nos dous primeiros e que tan lembrada foi nun artigo que lle fixemos a todos eles como “un atraco”. A segunda que xogou foi o pasado ano ante o CF Dumbría na que fixeron falla os penaltis para decidir o campión que caeu da banda dumbriesa.

O SCD Mapica xogou 3 finais, a primeira ante a SCDR Esteirana que caeu do lado dos de Esteiro, (1975), a segunda ante o Cabana SD que foi gañada polos malpicáns, (1975), e a terceira e última ante o Xallas de Santa Comba, xogada en Baio no Platas Reinoso e que caeu do lado dos xallaieros, (1-0).

O clube muxián milita por segundo ano consecutivo na Primeira Futgal, que é o teito o que chegou nos seus 62, xogando antigamente sendo esta a chamada a 1ª rexional. Os do “Corazón da Costa da Morte” nesta recén finalizada tempada chegaron a ser colíderes da competición tras encadear dous treitos de 5 encontros consecutivos gañando e acabaron 6º con 56 puntos, sendo o seu máixmo goleador Fran Moreira, con 22 goles en 32 encontros, acabando como Pichichi da liga. O equipo da Vila da Barca sumou 52 goles e encaixou 41. Na Copa o máximo realizador dos muxiáns é Manu Nogueira con 4 tantos en 3 encontros.

Pola sua banda o equipo malpicán chegou a xogar na Terceira División cando era o terceiro chanzo do fútbol nacional, como ven recolleron os amigos, Luis Porto e Héctor Pose no libro SCD Malpica, 40 anos de fútbol, no que recollen toda a historia do clube da “Vila da vida”, así coma de todo o fútbol costeiro, coma no Mar de paixón o fútbol da Costa da Morte, no que tiven o pracer de colaborar. O equipo Malpicán que militou esta tempada na Liga da Costa acabou na 11ª posicón con 38 puntos, tras un final de liga irregular, pero chegou a estar loitando no máis alto sumando nos inicios 7 vitorias e duas derrotas nas 9 primeiras xornadas. O seu máximo goleador foi Luis Ferreiro con 7 goles en 23 encontros, (lesionado grave), nun equipo que reparteu moito os 41 goles que marcou. Os de Malpica de Bergantiños encaixaron 47 tantos. Na Copa o máximo artilleiro dos malpicáns é Tacko con 3 en 2 encontros.

O encontro

Día : 24 maio 2026

Campo : Irmandiños de Vimianzo

Hora : 18:00

Árbitro principal : Alfonso Caamaño Blanco

Árbitros asistentes : David Csatro e Manuel Castro.

O meu desexo e da nosa web de que gañe o mellor. Se gañase o Malpica un enorme ledicia por tódolos amigos/as malpicáns/as que teño siareiros do Malpica e do Depor e se gaña o Muxía, como muxián e socio desde o 1980, e sería  moi especial por Juan José, (nunca me esquecerei do sufrimento que pasou ca derrota nos penaltis nas duas finais do ano pasado), e polos rapaces que forman o equipo muxián.

.

-Fotos e texto : Xosé Báu “Pirata”