PREVIA DA FINAL DA “COPA DA COSTA INFANTIL” EN ZAS ESTE SÁBADO

 

 

GRAN FINAL

“COPA DA COSTA INFANTIL”

XALLAS FC Vs ED OS MIÚDOS

Día : Sábado 22/06/2019

Hora : 11:30 

Campo : San Andrés, (Zas)

Árbitro : David Cancela García

Árbitros asistentes : José Ageitos e Manuel Espasandín

Resultados en liga : Xallas FC 0-1 ED Os Miúdos; ED Os Miúdos 1-2 Xallas FC

Posto en liga : Xallas FC : 3º con 79 puntos; ED Os Miúdos : 6º con 59

PLANTILLAS

 

XALLAS FC

Iker, Daniel, Fabio, Jesús, Alejandro, Pablo, Yago, Sergio, Manuel Mata, Luis, Fabián, David, e Manuel Vieito. Adestrador : Iyán, Iván Baragaño.

 

ED OS MIÚDOS

 Sergio, Borja, Carlos, Antonio, Jesús, Aitor, Ángel, Ismael, Javier, Hugo, Jonathan, Brais, Fernando, Iván, Raúl, Juan Pazo, Marcos, Javier Pola, Víctor, Álvaro, Juan Agustín, Lucas e Marcela. Adestrador : Santiago Cubelo e Juan González.

COMENTARIO

Final de resultado incerto na que ambos equipos ainda que en liga os xalleiros, (3º), quedaron por enriba e fixeron 20 puntos máis ca os muradáns, (6º), antre eles repartíronse as vitorias e ademáis cada un gañándolle ao outro na sua casa. En copa foron goleadores os dous. Os muradáns sumaron 12 goles a favor e tan só 3 en contra en 5 encontros. Pola sua banda os xalleiros fixeron 21 goles por 5 en contra, en 4 encontros. Os xalleiros chegan a final cun encontro menos, xa que entraron en Cuartos, non tiveron que xogar os Oitavos a encontro único coma os muradáns. 

A favor dos xalleiros unha maior eficacia de cara a gol  con 145 a favor en liga polos 90 dos muradáns, e e contra en liga os xalleiros só recibiron 27 polos 42 dos muradáns. Pola contra na copa a favor dos muradáns e que só recibiron 3, metendo fora ao gran favorito ao campión de liga UC Cee, con que empattaron a uns, (1-1) nos dous encontros, pero foron mellores na tanda de penaltis para chegar a finalísima. 

CADRO DA “COPA DA COSTA INFANTIL 2018/19”

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es