PREVIA DA FINAL DA “COPA DA COSTA FEMININA” : “ASÍ A VEN OS ADESTRADORES DE XALLAS E DUMBRÍA”.

 

Este vindeiro Domingo 2 de Xuño do 2024 xogarase no campo da “Arliña” de Muxía a finalísima da “Copa da Costa Feminina”, a cuarta edición dende que a orgañiza a RFGF, pero van varias máis. Os equipos que a xogarán, tal e como vos vimos informando, son o Xallas FC que dirixe Roberto Carlos “Rupper” e Santiago Cubelo “Santi de Lira”. Aquí vos traemos as suas opinións sobre como ven os seus equipos, o adversario e a gran final.

 

 

José Carlos Rupper, (Adestrador do Xallas FC) : “O noso equipo está nunha nube, emocionadas, dous ou tres anos antes ningunha rapaza soñaba con que o domingo foran a ser elas ás protagonistas da final da Copa da costa desta tempada. Teñen ganas de que comeze o partido o antes posible, si poidera ser hoxe mellor que mañá. Despois físicamente acabamos ben a tempada que é importante.

O CF Dumrbía son un equipo moi técnico, moi dinámico. Xoven pero con veteranía no fútbol e con un sistema moi definido de xogo. Ademais dunha gran calidade individual. Defenden moi ben, concedendo poucas ocasións os rivais. Este ano fixeron uns grandes números tanto atrás como diante, pasando do centenar de goles.

A final vexoa moi igualada e sin un claro favorito, unha final inédita e apaixoante con dous equipos que se coñecen bastante ben. É unha final e, por tanto, vai ser difícil. Espero que teñamos un bo día e que podamos facelo ben, ver un gran espectáculo na Arliña”.

 

 

Santiago Cubelo “Santi de Lira”, (Adestrador do CF Dumbría) : “Penso que a Final vai ser muy disputada, estamos un tanto pendentes do vento, pode ser o único que condicione o partido e que ningún dos dous equipos podamos xogar cómodos. Nós chegamos co equipo moi ilusionado e sabedoras de que somos capaces de conseguilo, sendo concientes de que non vai ser doado, tamén sabemos que o Xallas e un rival moi duro, sólido defensivamente, con calidade no medio, e velocidade e gol arriba, e seguro que nos vai poñer o partido complicado, desexamos de verdade que o partido sexa unha festa, tanto antes coma despois, e durante sexa un partido intenso e bonito de ver, e xogar para poder disfrutalo o máximo”.

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores

-Foto : Xosé Búa “Pirata”/Santi Cubelo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies