A Arliña dictará sentenza para as muxianas.
Derradeira xornada na 3ª Galega Feminina Grupo 3 Grupo 4, que son nas que temos equipos costeiros, no segundo grupo hai 11 e no cuarto 3. Para rematar o Curso 2024/5 temos en xogo unha praza de ascenso a 2ª Galega como mellor segundo clasificado dos 5 grupos que compoñen a 3ª Galega.
Nu Grupo 2 co Corme como campión xa fai duas xornadas o segundo Muxía depende de si mesmo para acadar o ascenso no seu segundo ano de vida e para completar un ano extraordinario xa que tamén está na finalísima da Copa da costa que se xogará o vindeiro 8 de Xuño.
O Outro que pode ascender é a Esteirana, que ben de facer un curso extraordinario no seu debút no fútbol feminino e que depende de que o equipo muxián non gañe e gañar elas para acompañar o Corme, a vindeira tempada na 2ª Galega, así coma o Cee e ao Dumbría, xa que o Xallas ascendeu a 1ª Galega, comoi xa vos temos informado.
Para que esto suceda o equipo muxián que terá que vencer o Corme, campión e lider invicto da categoría, namentras que a Esteirana terá que vencer o Céltiga tamén lider da categoría que só perdeu un encontro e foi co Chispa, (3º), por 4-0.
Nos encontros da primeira volta o Muxía caía ante as cormelanas por 4-2, e a Esteirana caía por 5-1 ante o Céltiga.
O noso desexo da mellor das sortes para os nosos equipos.
3ª GALEGA FEMININA G2
-26ª Xornada-
-Derradeira-
(01/06/2025)
UD Cerqueda – UD Corcubión, ás 12:00 horas
EFCC “Juan Cabrejo” – Soneira SD, ás 17:00 horas
CF Muxía – Corme CF, ás 12:00 horas
SCD Pastoriza B 5-1 Sporting Zas
Ponteceso SD – CF Mazaricos, ás 12:00 horas
SD Fisterra – SD A Baña, ás 17:00 horas
Cabana SD – Bergantiños FC B, ás 12:00 horas
-CLASIFICACIÓN-
(Penúltima xornada)
1º Corme CF : 71 puntos, (Campioas)
2º CF Muxía : 62 puntos
3º Ponteceso SD : 56 puntos
4º UD Corcubión : 53 puntos
5º Bergantiños FC B : 51 puntos
6º EFCC “Juan Cabrejo” : 46 puntos
7º Cabana SD : 41 puntos
8º CF Mazaricos : 36 puntos
9º SCD Pastoriza B : 27 puntos
10º Soneira SD : 24 puntos
11º Sporting Zas : 18 puntos
12º UD Cerqueda : 11 puntos
13º SD A Baña : 6 puntos
14º SD Fisterra : 6 puntos
3ª GALEGA FEMININA G4
-25ª Xornada-
-Derradeira-
-01/06/2025-
EFMC Boiro B – Outes FC, ás 16:00 horas
CD Rois – Juventud Cambados, ás 19:30 horas
ED As Miúdas – EFF Sonnoia Portus Apóstoli, ás 18:30 horas
SCDR Esteirana – Céltiga FCF, ás 18:30 horas
CCD Taragoña – Catoira SD, ás 12:00 horas
Milladoiro SD 1-6 CD Mosteiro
SD Chispa – Bastavales UD, ás 17:30 horas
-CLASIFICACIÓN-
(Penúltima xornada)
1º Céltiga FC : 70 puntos, (Campioas)
2º SCDR Esteirana : 59 puntos
3º Juventud Cambados : 55 puntos
4º SD Chispa : 55 puntos
5º CCD Taragoña : 54 puntos
6º EFMC Boiro B : 40 puntos
7º ED As Miúdas : 37 puntos
8º CD Rois : 36 puntos
9º Outes FC : 31 puntos
10º Bastavales UD : 25 puntos
11º CD Mosteiro : 24 puntos
12º EFF Sonnoia Portus Apóstoli : 15 puntos
13º Milladorio SD : 9 puntos
14º Catoria SD : -3 puntos
-Texto e foto : Xosé Búa “Pirata”