PREVIA DA 7ª XORNADA DA FASE DE PERMANENZA DA 3ª DIVISIÓN NA QUE HOXE TEMOS UN OURENSE CF-SD FISTERRA :

 

Coa Fase de Ascenso e de Play-Off xa rematadas, agora queda a Fase de Permanenza na que a SD Fisterra que dende a chegada o banquillo do tandem, Cabrejo-Purrúa reviveu, xoga hoxe un encontro de vital importancia ante o Ourense CF, na sua loita por meterse antre os 4 primeiros que dan a opción de repetir o ano que ven na 3ª División Nacional. O choque xogarase no campo ourensan de “O Couto” dende ás 19:00 horas, ca arbitraxe de Luis Lois Carro, con Ismael González e Javier Pérez nas bandas.

O outro equipo da nosa zona en liza, o UD Paiosaco, xogará mañán Domingo no “Cabalagueiro” de O Barco, ante o equipo local a partires das 17:30 horas, coa arbitraxe de Óscar Martínez Santos, con Alexandre García e Amine Alaoui nas bandas. 

 

FASE DE PERMANENCIA GRUPO E

(7ª Xornada)

Domingo 16/05/2021

 Ourense CF  SD Fisterra, Sábado 15/05, ás 19:00 horas

CD Pontellas – CSD Arzúa, ás 12:00 horas

UD Atios Viveiro CF, ás 18:00 horas 

UD Ourense  Agrupación Estudiantil, ás 16:30 horas 

CD Ribadumia CD As Pontes, ás 18:00 horas

 CD Barco  UD Paiosaco, ás 17:30 horas

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia


Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies