PREVIA DA 3ª XORNADA DA 3ª DIVISIÓN :

 

Tódolos encontros da 3ª xornada da 3ª División do Grupo Norte xóganse este Domingo primeiro de Novembro en pleno Sameín. Os equipos da nosa contorna xogan ambos como visitantes. O SD Fisterra estrea saida o aprazarse o seu primeiro encontro de liga no que debía rendir visita ao Polvorín FC. Desta volta visita ao UD Somozas, (12:00 horas), outro equipo dun pobo pequeno que fai uns anos deu a campanada chegando ata 2ª B, e segue dando leria agora na 3ª División, un obxetivo desexado pero non conseguido doutras vilas de maior tamaño. Os fisterráns buscarán sumar os primeiros puntos da tempada tras unha dura derrota a semana pasada no seu debut no “Arasolis”.  Pola sua banda o Bergantiños CF visita ao CSD Arzúa a partires das 17:00 horas na procura da primeira vitoria do campionato para os carballeses, que mereceron máis nos dous empates sumados nas duas primeiras xornadas. O Fabril visita esta mañán ao no derbi coruñés ó SD Silva, (12:00 horas), coa moral alta trala golada da semana pasada no debut de Valerón no banco fabrilista.

-Foto e Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies