PREVIA DA 2ª XORNADA DA 3ª DIVISIÓN CO DEBUT DO SD FISTERRA NA COMPETICIÓN 38 ANOS DESPOIS.

Jaime Sánchez debuta hoxe no banco do SD Fisterra.

 

Hoxe é un día especial para o SD Fisterra que volve a xogar nesta categoría 38 anos despois de que descendera e a providenza quixo que o voltase a facer contra o equipo co que se despideu desta liga cun “ata logo” que se extendeu no tempo cáseque 4 décadas. A pesares do mal tempo reinante con chubascos dispersos e vento forte, o “Arasolis” vestirase de festa e tera representación de afeccionados cumprindo as normas e protocolos COVID-19. Para este encontro a diretiva disporá de sillas arredor do balado do terreo de xogo. Os fisterráns non xogaron na primeira xornada por un caso positivo de Coronavirus no Polvorín.

Dos outros participantes da nosa zona na competición, o Bergantiños, que mereceu a vitoria ante un ultadefensivo UD Paiosaco, (1-1), recibe hoxe no reestreo das “Eiroas”, ao SD Silva, que tamén empatou na primeira xornada na Grela 1, ante o CD As Pontes, (0-0). Pola sua banda o UD Paiosaco visita esta mañán de Domingo ao Fabril en Abegondo, con 150 afeccionados na grada. Ambos equipos sumaron un punto na primeira xornada ante Bergantiños os peisaqueses e ante Somozas os fabrilistas.

 

2ª XORNADA

Agrupación Estudiantil – Somozas, 17:00 horas 

Fabril – UD Paiosaco, 12:00 horas 

CD As Pontes – CSD Arzúa, 16:30 horas

Racing Club Vilalbés-Polvorín FC, 16:30 horas

Bergantiños CF – Silva SD, 17:00 horas 

SD Fisterra – Viveiro CF, 17:00 horas  

-Foto : Quintana/DXT Campeón

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies