PREVIA DA 2ª XORNADA DA 3ª DA COSTA QUE ESTE SÁBADO TEN DOUS ENCONTROS.

O Camelle rozou o empate ante o retornado Pereiriña.

 

Esta vindeira fin de semana descansan na Preferente e na 1ª Galicia, nos grupos nos que temos representantes da costa, pero non así nas ligas costeiras da 2ª e 3ª Galicia, ou sexa na Liga da Costa, que como xa vos explicamos máis dunha vez, esta partida en duas, Grupo 1A e Grupo 1B, e tamén hai actividade na 3ª da Costa. Ambas disputan esta fin de semana a 2ª Xornada.

Se queredes ver as crónicas da 1ª xornada preme nestes enlaces :

-LIGAS DA COSTA

-3ª DA COSTA

-Previa dos dous grupos da Liga da Costa

 

3ª DA COSTA

Sábado 30 de Outubro 

Atlético Pereiriña 2-1 SD Camelle

Hora : 17:00

Campo : “San Paio de Refoxos”, (Xallas-Cee)

Colexiado : Esteban Domínguez Lado

Encontro condicionado polas condicións meteorolóxicas. en especial o vento, e no que o máis xusto tería sido unha igualada. Adiantouse o equipo de Pereiriña cun tanto de Brais Lagoa aos 14 minutos de xogo, resultado co que se chegaba ao descanso. Na segunda metade os camelláns buscaron a igualada e o equipo da parroquia ceense chegaba con perigo nas contras e nos roubos en medio campo. O empate chegaba no 80 cun gol do sempre presente nestas lides, Felipe Barreiro. Todo parecía apuntar que xa non se movería o marcador, pero a falla de dous minutos para o final, Rodrigo facía o segundo para os locais, deixando a disgusto aos camelláns, tralo bo encontro desenrolado.

 

UD Corcubión 2-2 Xallas FC “B”

Hora : 17:00

Campo : “Novo Cubaleiro”, (Corcubión)

Colexiado : Manuel Rodríguez Rojo

Pesoulle xogar 35 minutos cun home menos ao equipo xalleiro, que se poñía cun claro 0-2 na primeira metade con goles de Sergio Barbeira, (43´) e Bruno, /44´), gioles seguidos e xusto antes de encarar os vestiarios. Fálase moitas veces do psicolóxico que é un gol antes do descanso, poois estes dous fixeron o efecto contrario nos corcubioneses, pois conseguían meterse no encontro gracias a un penalti, que levaba consigo o segundo cartón a Jairo, e a expulsión. Mario Suárez non erraba ante Alejandor, (56´), e abríase outro choque para os locais. O gol do empate, co Corcubión volcado e o Xallas defendéndose, non chegaba ata o descotno e era obra de Iago Lema. Un empate que aos locais sabíalles a vitoria e os xalleiros a derrota. 

 

O Castrelo visita ó Ameixenda.

 

Domingo 31 de Outubro 

Sporting Seaia CF-SD Laxe

Hora : 17:00

Campo : “Pedra Queimada”, (Malpica)

Colexiado : Carlos Señarís Balsa

 

SD Ameixenda-CF Castrelo

Hora : 16:30

Campo : “San Paio de Refoxos”, (Xallas-Cee)

Colexiado : David Vázquez Lema

SD Oza-Porteño CF

Hora : 17:00

Campo : “O Carra”, (Sofán)

Colexiado : Iván Ferreiro Santos

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia