O 14 xóganse tódolos encontros que faltan.
Previa da 1ª xornada da Liga da Costa
A Liga da Costa 2025/26 comezou a semana pasada co encontro adiantado antre o Muros e o Soneira, (0-1), pero o groso dos encontros xóganse este vindeiro Domingo 14 de setembro, “Domingo da Barca”, coa disputa de tódolos encontros que faltanda primeira xornada.
-
C.F. Porteño – Cabana S.D.
Dúas escadras con proxectos renovados mídense no debut. O Porteño quere facerse forte na casa, mentres que o Cabana tratará de demostrar que pode competir dende o inicio. -
Puenteceso S.D. – S.C.D. Malpica
Derbi costeiro de máxima rivalidade. O Puenteceso aposta pola continuidade, e o Malpica chega con novos reforzos para ambos tratar de loitar no máis alto. -
C.D. Baio – Outes F.C.
O Baio parte como un dos candidatos a pelexar na parte alta, pero o Outes adoita ser un rival incómodo e que tamén leva anos flirteando cos postos altos. -
Mazaricos C.F. – U.D. Corcubión
O Mazaricos, tratará de sumar de 3 ante un que pode ser rival por todo como é o Corcubión. -
S.D. San Lorenzo – Sporting Zas
Enfrontamento dun recén descendido contra un recén ascendido. -
Xallas F.C. – Corme C.F.
Un dos pratos fortes da xornada. O Xallas chega con ambición, pero o Corme é un dos históricos que sempre dá guerra dende a primeira data. -
U.D. Monte Louro – SD Sofán B
O Louro probará o potencial co que chega o Sofán B a categoría. -
CD Muros 1-0 Soneira SD
A Liga da Costa arrancou a pasada fin de semana no Municipal de Muros, onde o Soneira logrou un valioso triunfo a domicilio fronte ao Muros, vencendo por 0-1 grazas a un gol de Daniel Fernández aos 74 minutos.
PREME AQUÍ para ver o calendario completo.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
