Previa da 1ª xornada da 3ª da Costa
A competición comezou o pasado 7 de setembro cun encontro adiantado entre a SD Laxe e o CF Muxía “B”, xa que esta fin de semana celébrase a Romería da Barca, a cita relixiosa e festiva máis importante de Galicia, que arranca hoxe e prolongarase ata o luns 15 en Muxía.
No Municipal de Laxe, o choque antre o Laxe e o Muxía “B”, rematou cun empate 2-2. Os locais adiantáronse cun gol de Raúl Vázquez no minuto 18 e aumentaron a vantaxe por medio de Izan Blanco no 26. Xa na segunda metade, os muxiáns recurtaron distancias grazas a Javier Rey no 60, e acadaron o empate definitivo co tanto de Martín Barrientos no 73. Un derbi costeiro cheo de intensidade e alternativas que deixa a ambos equipos cun punto.
-Resto da xornada-
(Domingo da Barca, 14/09/2025)
-
SCD Buño – Inter de Brens (17:00, Xaviña – Buño)
-
Atlético Pereiriña – Lira CF (17:00, Sampaio de Refoxos – Cee)
-
SD Coristanco – CD Nantón (17:00, A Rocheira – Coristanco)
-
Sporting Seaia – UD Cerqueda (17:30, Pedra Queimada – Malpica)
-
SD Camelle – UC Cee (18:30, Campo de Fútbol O Rodeiro – Camelle)
-
SD Oza – CD Baiñas (19:30, Sofán – O Carral – Carballo)
-
Volantes de Baño : descansa.
A nota destacada é que todos os encontros desta xornada, agás o xa disputado en Laxe, xóganse no propio Domingo da Barca, xa que os rapaces e afeccionados son na sua maioría moi asíduos a romaría muxiana, reforzando a unión entre fútbol e tradición na Costa da Morte.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

