PREVIA CUARTOS DE FINAL DA “COPA DA COSTA XUVENIL” : “ANTRE O SÁBADO 25 DE MAIO E O XOVES 30 XÓGANSE OS DOUS ENCONTROS QUE QUEDAN PARA SABER OS SEFINALISTAS”.

 

No día de onte, mércores 22 de Abril, xogábase o primeiro dos encontros dos Cuartos de Final da “Copa da Costa Xuvenil” o Dumbría-Outes, (1-1). Un encontro no que se adiantaban os dumbrieses cun tanto de Mario Leis pasada a media hora de xogo, e que empataba para os da Serra Eloy Lado no 50. Así se cheaga ao final do tempo de xogo e na tanda de penaltis eran os de Dumbría os que pasaban a rolda o marcar 4 por 2 dos outeses. Tamén se xogaba o Fisterra-Esteirana, neste caso os fisterráns eran moi superiores e vencían por 6-0, cinco deles nos primeiros 45 minutos. Os goles eran de . Romero, Mauro, Guillermo, (de penalti), Martín e de novo Romero. Estes na primeira metade. Na segunda Beltrán completaba o “set en branco”.

Agora quedan dous encontros por disputar para saber quen serán os que completen as semifinais. O POnteceso e o Cerqueda loitarán por un posto este sábado no Pinguel. Pola sua banda o Xallas, (campión de liga), buscará o pase ante o Corme, pero neste caso o xoves 30 de Maio no A Fontenla.

Este encontro non se xoga esta fin de semán porque os xalleiros teñen a loita polo ascenso a Liga Galega Xuvenil este sábado, no que visitarán a partires das 18:00 horas ao Amio SD no Municipal do Sergas, na ida das semifinais polo ascenso.

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies