PREVIA COPA DA COSTA FEMININA : “ASÍ VEN OS ADESTRADORES DO NOSO FÚTBOL FEMININO A FINAL DE COPA DESTE DOMINGO EN SANTA COMBA”.

 

Nesta primeira previa da Gran Final da “Copa da Costa Feminina”, a terceira baixo a orgañización da RFGF, (as duas anteriores gañounas o Bergantiños), traémosovos os comentarios dos adestradores dos nosos equipos femininos da costa, aos que lles agradecemos de antemán, esta colaboración e todas as que nos deron durante toda a tempoada, para beneficio da información e o expanndemento do noso fútbol feminino. Ven todos como grande favorito ao Bergantiños FC, pero deixan un unha fenda nas opcións do clube ceense, pois como se sabe nesto das finais pode pasar de todo, (que lle pregunten o Madrid no Centenariazo). Na maioría os adestradores esperan ver un gran partido o vindeiro Domingo na “Fontenla”, (Santa Comba), a partires das 12:00 horas, e hai algún que lle parece que non vai ter moita “chicha”.

 

Así ven a final os adestradores costeiros :

Fran Figueroa, (Adestrador do CF Dumbría) : “Creo que vai estar algo desnivelado en favor das de Carballo. A diferensia prinsipal vai estar no nivel físico máis que técnico/táctico, o Bergantiños ten máis días de entreno polo que lle esixe a categoría e ademáis do ánimo van ser as claves, o Cee sabe xojar e competir, pero creo que o enfocan máis en non ser goleadas que en ir pola Copa”.

Roberto Carlos Suárez “Rupper”, (Adestrador do Xallas FC) : “A final da Copa da Costa Feminina, entre dous equipos con experiencia cun Bergantiños de nivel superior, pero a un só partido, o equipo de Rafa Suárez o CEE pode buscarlle as cóxegas, o equipo ceense si non ten baixas é un equipo con moito oficio, e poden xogar con esa baza de non ter nada que perder. En cambio o Bergantiños só co piloto automático domina os encontros e pouco a pouco vai buscando fendas nos equipos rivais. Para min persoalmente creo que pode estar moito máis competida que o ano anterior espero que non haxa tanta diferenza. Sempre respectando as categorías. Esperemos ver un bo partido, que é o que merece unha final da nosa Copa da Costa”.

Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Final na que en principio por nome e categoría ten un claro favorito que é o Bergantiños, pero na que as rapazas de Cee xa ben experimentadas e asentadas no fútbol femenino ben seguro que llo poñerán moi difícil para poder levarse o triunfo final. Tamén indicar que o Cee é un conxunto acostumado a xogar en campos coas dimensións da Fontenla, e na que ben seguro aproveitarán a velocidade das súas atacantes ás contras para poñer en apretos as Bergantiñás. Por outro lado o Bergantiños xa sabe o que é conseguir gañar o torneo e eso fara que xoguen un chisco máis cómodas pero coa presión de ter que gañar. Bonito partido para poder presenciar e poñer en valor o momento álxido do fútbol feminino da costa, onde se demostra unha e outra vez a gran calidade destas loitadoras”.

Luis Ferreiro, (Adestrador do ED As Miúdas) : “Un final na que coñecendo os dous equipos, o bo fútbol seguro vai ser o protagonista. Alėgrome especialmente polo Cee que tras o traballazo destes últimos años merece xogar esta final de copa. Moita sorte os dous e a disfrutar”.

Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Penso que a Copa da Costa Femenina está adulterada desde o momento que se permite xogar o Bergantiños, antes de empezar a competición xa se sabe o 100% quen vai gañar, así que para min perde toda a emoción unha competición cando pasa eso. Polo demáis penso que a día de hoxe o mellor equipo da Costa a hora de competir e o Xallas e xa vimos o que lle pasou en semis, e o Cee sufriu moitisimo para gañarlle a un Dumbría cheo de baixas, co cuál, ainda que nunha final todo pode pasar, penso que non vai ter chicha ningunha. Si gaña o Cee alegrareime porque é un equipo da Costa o que gaña a Copa, como debería ser sempre. Se gaña o Bergan, pois alegrareime polas Costeiras que xogan no club de Carballo, que sei que lles fai ilusión xogar ésta competición, como xogadoras da Costa que son, como Laura Caamaño por popñer un exemplo”.

Dani García, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Unha final cun claro favorito, o Bergantiños. Demasiada diferencia co resto das competidoras. Pero de seguro que o Cee vaino pelexar, como levan demostrando dende a sua creación”.

Rubén Castillo, (Adestrador do UD Corcubión) : “Parece claro favorito o Bergantiños e máis tras ver como gañou ao Xallas que quedou un posto por encima do Cee. Sin embargo o Cee é dos equipos que máis experiencia teñen na costa xunto cas Miúdas, e a un partido todo pode pasar. Se fora o Bergantiños non me relaxaría en ningún momento e aínda que pareza raro por ser do Corcubión, espero que gañe o Cee para que o ano que ven se vexa que as de Carballo non son imbatibles, e que ademáis, o merecen polo recorrido que levan estes últimos anos”.

Borja Busto, (Adestrador do CF Mazaricos) : “A final vai estar marcada pola diferenza de categoría, é certo que o Cee fixo moi bo ano e ten rapazas moi boas para a división que disputaron, pero o Bergan ten outro nivel. Probablemente o marcador sexa o que queira apretar o Bergan. Teñen un conxunto de rapazas de diferentes zonas e que disputaron o ascenso, que mereceron e non conseguiron. Decántome por un marcador amplo, 6-0 a prol do Bergan, sen desmerecer ao Cee, pero agora mesmo, as categorías no fútbol feminino teñen unha diferenza abismal”.

 

 

Piratasdemuxia.es non se fai responsable das manifestacións dos adestradores, xa que son propias e intrasferibles.

 

-Foto montaxe : Xosé Búa “Pirata”

-Texto ; Xosé Búa “Pirata”/Adestradores