PREVIA : COMEZA A FASE DE ASCENSO A LIGA DA COSTA : ZAS, CAMELLE, LAXE E BUÑO : “CATRO EQUIPOS PARA UN ASCENSO”.

 

Mañán Domingo 2 de Abril terá lugar a primeira eliminatoria da Fase de Ascenso a Liga da Costa, (2ª Galicia Grupo 2). Buño, Camelle, Zas e Laxe buscarán o posto que queda de ascenso, para a compañar ao Baiñas, campión da 3ª da Costa, (2ª Galicia G4), e Porteño, subcampión. Os de Buño que quedaron terceiros en liga, enfróntanse ao sexto, Laxe, e o Camelle, que rematou cuarto na liga visita ao 5º, Sporting zas.

Aquí vos traemos unha análise previa aos encontros de ida desta promoción de ascenso.

SD Laxe-SCD Buño

Campo : Cabo d´area

Hora : 17:15

Árbitro : Óscar Santos Martínez

Resultados antre eles en liga : 2-4 en Laxe e 0-1 en Buño

Datos na liga SD Laxe : 41 puntos de 15 gañados, 6 empatados e 5 perdidos

Datos na liga SCD Buño :  51 puntos de 12 gañados, 5 empatados e 9 perdidos

Goles a favor e encontra SD Laxe : 50/45

Goles a favor e encontra SCD Buño : 60/35

Datos como local SD Laxe : 5 gañados, 4 empatados e 4 perdidos

Datos como visitante  SCD Buño :  6 gañados, 4 empatados e 3 perdidos

Máximo goleador SD Laxe : Iago Torres con 14 en 25 encontros.

Máximo goleador SCD Buño : Eloy Suárez con 12 en 25 encontros

 

 

Sporting Zas-SD Camelle

Campo : San Andrés

Hora : 16:30

Árbitro : Chrístian Sendón Villar

Resultados antre eles en liga : 1-1 en Zas e 4-3 en Camelle

Datos na liga Sporting Zas : 43 puntos de 12 gañados, 7 empatados e 7 perdidos

Datos na liga SD Camelle :  46 puntos de 13 gañados, 7 empatados e 6 perdidos

Goles a favor e encontra Sporting zas : 62/43

Goles a favor e encontra SD Camelle : 58/40

Datos como local Sporting Zas : 6 gañados, 4 empatados e 3 perdidos

Datos como visitante  SD Camelle :  6 gañados, 3 empatados e 4 perdidos

Máximo goleador Sporting Zas : Dani Mato con 14, (5 p), en 20 encontros.

Máximo goleador SD Camelle : Adrián Pasantes con 13, (1 p), en 18 encontros

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”