Na tarde-noite deste sábado 2 de Setembro terá lugar o encontro da 2ª xornada da 1ª Federación, a que enfrontará no primeiro derbi da tempada ao recén descendido, CD Lugo, que dirixe o ex deportivista Pedro Munitis, e ó Depor de Imanol Idiakez. Un choque antre dous dos equipos que se presume estarán loitando por todo e ca incognita de como responderá o Depor fora da casa, será a versión paupérrima que amosaron na pretempada en Ponferrada, ou será a que ofreceron ante Compostela e Arenteiro?. Esta é unha das incognitas que máis esperan ver os deportivistas.
O clube pechou a plantilla cas incorporacións de última hora de Hugo Rama para o medio do campo e a de Pablo Muñóz para o ataque. Ambos entran en convocatoria coma tamén os que lle precedron, Salva Sevilla, Pablo Valcarce e Berto Cayarga. No que se refire a canteira van 4, o meta Alberto, Jairo, Mella e Martín Ochoa. Un total de 24 xogadores na convocatoria.
Máis de 2000 deportivistas nas gradas
O clube e a Federación de Peñas despacharon 2.000 entradas, e haberá máis deportivistas polas gradas do Ánxo Carro, xa que Lugo é territorio deportivista, Esto fará que o ambente sexa magnífico e que a cidade lucense teña unha boa inxección económica, así coma o clube que se abona en torno aos 50.000 euros en entradas, pois o RC Deportivo abonou os 5 euros de máis das que mandaron a 25 euros para que todos os deportivistas pagasen igualmente 20 euros.
CD Lugo-Depor
Día : 2/9/2023
Hora : 21:30 (19:30 GMT)
Campo : Ánxo Carro
Capacidade : 7.840 espectadores
Árbitro : Diego Plasencia Caballero
Nado en : Errentería, (Guipúzkoa)
Colexio : Vasco
Edade : 31 anos
Anos na categoría : 7
Media cartóns amarelos : 5´52
Media cartóns vermellos : 0´35
Tv : FEF Tv
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”