PREVIA : CD GUIJUELO-DEPOR : “JAMÓN-XAMÓN”.

 

Jamón versus Xamón

Como xa pasara ante Unionistas de Salamanca, hoxe o Depor tócalle de novo adaptarse a xogar en céspede sintético, ante un CD Guijuelo adestrado polos irmáns galegos, Marcos e Jacobo Montes, que basa a sua fortaleza no seu estadio, o Municipal de Guijuelo, bautizado este mesmo ano como “Estadio Municipal Manuel Ramos”. Un estadio que ten boas medidas con 101 x 66, para o desenrolo do fútbol.

Fernando Vázquez poderá estar na banda para dirixir aos seus, despois de 9 encontros sen poder facelo. Tras duas semanas sen partidos oficiais o Depor buscará mellorar as suas prestacións dado o maior rodaxe.

 

LISTA DE CONVOCADOS

 

 

Son alta na lista de covocados os laterais, Salva Ruíz e Eneko Bóveda, e o central, Granero, causando baixa por lesión, Valín, Derik, e Adri Castro, que ten que estar confinado o haber tido contacto direto cun positivo por COVID-19. Quedou fora Diego Rolan, segundo Fernando Vázquez, considera, “precipitado”, a súa citación para este encontro, “nun terreo de xogo, (de céspede sintético), que é máis propenso un futbolista a lesionarse”.

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies