PREVIA : CD CALAHORRA-DEPOR : “A SEGUIR RECOLLEITANDO UVA”.

O Depor sumará o seu segundo encontro consecutivo fora e farao moi preto de onde xogou o anterior. Pasamos de Navarra a Rioxa, de correr diante do toro a recoller uvas. O rival é diferente pero a idea é a mesma.

Os de Borja Jiménez enfrontaranse a un equipo moi ben armado e que concede moi pouco, que suma un punto do seu primeiro encontro no “La Planilla” ante o UD Logroñés, co que empatou a ceros. No seu segundo encontro caeu por 2-1 ante o Majadahonda e tratará de darlle un gusto a sua afección, pero ten que prevalecer a forza dos branquiazuis, que estarán apoiados nas bancadas por preto dun cento de deportivistas que colleron as suas entradas na Coruña, máis os que se sumarán das peñas da retorna.

Por certo, tal como vos contamos no Sabías que…? do noso rival, as cadeiras azuios do estadio foron donadas pola Real Sociedad cando fixo a reforma do Anoeta.

Lista de Convodados

 

Para este encontro volta Noel, que con Yeremai son a representación da canteira. Quedan an Coruña lesionados, Valín, Trilli e Menudo.

 

O Árbitro

Gorka Etayo Herrera, é un xove colexiado bilbaino de tan só 25 anos e que xa suma con esta 4 tempadas na categoría e que xa fixo as veces de cuarto árbitro na Segunda División, polo que é un colexiado tido en cointa na RFEF. A pasada tempada amosou 41 cartóns amarelo e 3 vermellos. Un deses vermellos foi a Yeferson Quintana, xogador uruguaio do Ferrol ao que lle caeron 5 encontros por decir a frase uruguaia de “Estás lco puto”.

-Foto : montaxe de foto do RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies