O encontro deste sábado no Ramón de Carranza é un deses que meten medo. O ano pasado sendo a nosa a mellor defensa da liga, coméronnos en 3 contras que acabaron en 3 goles, e foi a derrota máis crara de toda a tempada. Vendo o viso, coa coladeira que temos atrás, e que faltan as paradas inverosímiles de Dani Giménez, que vaia por diante só houbo un gol no que puido facer algo máis de tódolos que lle empaquetaron, non queda máis ca usar a exppresión costeiro-galega de : “Ai mamá que medo!!!”.
O equipo non acaba de cuaxar e vai dando bandazos sen coller nen un ritmo, nen un estilo de xogo, o que xera moitas e diversas dúbidas. Este encontro ademáis é fora e ante unha afección de Primeira, o que suma na contra dos nosos. Os que non fallan son os afeccionados, que apoiarán o equipo cun total de 22 peñas desprazadas.
O ENCONTRO :
Campo : Ramón de Carranza
Capacidade : 15.000 espectadores
Hora : 16:00, (14:00 GMT)
TV : Movistar Vamos
Árbitro : Damaso Arcediano Monescillo, (35 anos)
Colexio : Castelán-Manchego
Encontros dirixidos esta tempada : Zaragoza 2-0 Tenerife; Almería 1-0 Huesca; Ponferradina 1-1 Alcorcón.
LISTA DE CONVOCADOS
ROLDA DE PRENSA DE ANQUELA
PEÑAS DESPRAZADAS A CADIZ
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es