Adrián Alcaina, elegante medio do Muxía CF.
O Muxía CF saeulle cara a clasificación para os Cuartos de Final da Copa da Costa ante o Soneira o pasado martes pois perdeu ao centrocampista Adrián Alcaina e ten dúbidas co dianteiro Manu Nogueira. O centrocampista Adrián tivo que retirarse cun problema, pode que grave, no xeonllo. Está a espera de probas xa que as primeiras exploracións arroxaron un exceso de líquido que ten que baixarlle para ver o alcance da lesión, polo que é baixa segura e esperemos que sexa o mínimo posible, ou mellor nada. Pola parta do dianteiro, Manu Nogueira, todo apunta a unha sobrecarga e podería ser da partida. Outra baixa sensible é a de Maikel Mouzo que se operou no día de onte, e tamén conta ca baixa de Julián con problemas nunha coxa. A todos eles desexámoslles unha pronta e satisfactoria recuperación.
O encontro será a cara de can, pois é a encontro único e nunha terra vinculada ancestralmente a Muxía, pois a Vila da Barca era a onde viñan os da zona de Bertamiráns e Negreira aos baños antigamente. Un dos dous pasará a final que será contra o vencedor do SD Valiño-SD Urdilde. O Valiño eliminaba na anterior eliminatoria ao Corme, (5-1). Na anterior eliminatoria os mixiáns defixéronse do Cacheiras nun encontro no que chegaron a ir 4-1 pero sufriron tras poñerse os santiagueses 4-3. Pola sua banda o Bertamiráns, que xogou como local deixou pola popa ao Estradense B por un axustado 1-0, acadao no límite da primeira metade.
FASE DE ASCENSO A 1ª GALICIA G2 A COSTA/SANTIAGO
Bertamiráns FC-Muxía CF
Día : Domingo 04 Xuño 2023
Hora : 19:00
Campo : Municipal de Bertamiráns
Árbitro : Iván Carrillo Chekhov
Árbitros asistentes : José Luis Rego e Adrián Ponte
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”