Bergantiños FC Feminino-Tomiño FC Feminino
O Bergantiños FC Feminino de Gueli Cotelo buscará mañán a partires das 18:00 horas no Municipal das Eiroas o pase a Nacional Feminina. No resultado de ida as carballesas que foron moi superiores as de Ferrolterra vencía por 2-3, tras remontar un 2-1. O encontro estará dirixido por Alfonso Alcalá Rey, auspiciado nas bandas por Andrés Ferro e Rodrigo Brey.
UDJ Almeiras-Ponteceso SD
O Ponteceso visita ao Almerias no Campo de Fútbol Os loureiros da capital almeirese, mañán a partires das 18:30 horas, coa arbitraxe de Camila Araujo Mayr, que terá nas bandas como asistentes a Edith Pereura e a Iván Sandino. O resultado na ida foi de empate a ceros, polo que unha vitoria das pontecesanas levaríaas a fase final. Na outra eliminatoria o CD Lugo visita a partires das 11:30 horas o Lóstrego CF, no A Gándara-Chaín, coa arbitraxe de Amado Alonso Alonso e nas bandas con Fernando Martín Arenas e Mikel Fernández. Na ida as lucenses gañaron por 2-0.
-Foto : Marcos “Curro”
-Texto : Xosé Búa “Pirata”