PREVIA : ATA 4 ENCONTROS ANTRE HOXE SÁBADO E MAÑÁN DOMINGO PARA OS EQUIPOS DO FISOBER FSF SENIOR E DE BASE.

PREVIA EQUIPOS FISOBER

Novo fin de semana para o Fisober con ata catro partidos.

Na Preferente Galicia Feminina-Liga Autonómica o Fisober xoga en Cee coma local o vindeiro sábado día 16 a partires das 18 horas no P.M. de Cee para enfrontarse ao Meigas con Marcos Noya e Carlos González coma colexiados en partido correspondente a 5ª xornada.

O Fisober chega despois de caer na súa visita ao Gaiola e o Meigas de igualar na casa do Ribeira. Nesta pretempada enfrontáronse dúas veces con igualada en Dumbría e triunfo do Meigas en Bertamiráns. Co Meigas chega a pichichi da categoría Angela.

Na Liga Galega Cadete Feminina Grupo Norte o Fisober visita ao Pescados Rubén Burela o vindeiro domingo día 17 a partires das 17:30 horas no P.M. Vista Alegre de Burela con Jorge Goyos e Ana Fernández coma colexiados en partido correspondente a 2ª xornada.

Na Liga Galega Cadete Masculina Grupo Norte o Fisober visita ao Stellae F.S. –La Hacienda House.com o vindeiro domingo día 17 a partires das 19 horas no P.M. Grupo Escolar de Padrón con Saúl e Adán Cabo coma colexiados en partido correspondente a 5ª xornada de liga.

Na Liga Galega Infantil Masculina Grupo Norte A o Fisober recibe como local ao S.D.C.R Narón O Freixo o vindeiro domingo día 17 a partires das 12 horas nas I.D. O Conco de Dumbría con Grigore Barbascumpa e Jorge Fernández coma colexiados en partido correspondente a 4ª xornada.

-Fotos e Texto : Fisober/Luis Sambad

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies