Na mañán deste vindeiro Domingo 19 de Xuño, terá lugar o enfrontamento de semifinais da “Copa da Costa de Veteranos”, unha eliminatoria a partido único, no que o Arasolis fisterrán recibe ao San Román, e o San Lorenzo ao Buño. Destes catro equipos, o único que non é da División de Honra, é o Buño. Arasolis, San Román e San Lorenzo, foron rivais en liga, sendo os de Verdillo os campións da competición.
O Arasolis caía na casa do San Román por 2-0, namentras que derrotaba aos laracheses por 2-1 en terra fisterrá. No outro enfrontamento non hai precedente o estar os “oleiros” na 1ª Galicia.
PREVIA
-Semifinais-
Arasolis FC-ACD San Román
Día : 19/06
Hora : 11:00
Campo : Arasolis, (Fisterra)
Árbitro : Óscar Rey Sánchez
SD San Lorenzo-SCD Buño
Día : 19/06
Hora : 10:30
Campo : As Pedreiras, (Verdillo)
Árbitro : Bruno Méndez Castro
-Foto e Texto : piratasdemuxia