PREVIA : ANTRE HOXE SÁBADO E MAÑÁN DOMINGO XÓGANSE OS DAZASEISAVOS DE FINAL DA “LXI COPA DA COSTA”.

Tralos dous encontros que faltaban por xogar da previa, que se disputaron o pasado 28 de Nadal do 2025 e nos que Corcubión e Sporting Zas empataban a dous, (2-2), para nos penaltis levarse o pase o equipo zacense, (4-5), e o Nantón-Cabana que se levaban os cabaneses por 0-3, quedando así completo o cadro dos Dazaseisavos de Final, que se disputarán antre hoxe sábado 3 de xaneiro e mañán Domingo 4.

A ninguén lle gusta xogar a Copa neste tempo, pero unha vez máis e co mal tempo reinante queda patente que esto é unha molestia, (por non decir outra cousa), neste toque final das festividades navideñas.

Ademáis o mal tempo vai a ser un ano máis moi desapacible para ir os campos. Con toda seguridade que a eliminatoria estrela será a que máis afeccionados leve o campo, o CF Dumbría-SD Sofán, que non hai moito que se xogou en liga e caeu o equipo dumbries por 0-2, polo que haberá gañas de revancha no cadro local e ademáis será un encontro no que caerá un dos favoritos a final.

ENCONTRO E HORARIOS
-DAZASEISAVOS-

-03/01/2026-

Atlético Pereiriña-Camariñas FC, ás 12:00
SD Camelle-Outes FC, ás 16:15

SD Oza-CD Muros, ás 17:00

SD Coristanco-Cabana SD, ás 17:00

Intre de Brens-Xallas FC, ás 17:30

-04/01/2026-

Ponteceso SD-SD Castriz, ás 12:00

CF Mazaricos-SD Fisterra, ás 16:00

SD San Lorenzo-CF Muxía, ás 16:15

CD Baiñas-UD Monte Louro, ás 16:30
SD Laxe-CD Baio, ás 16:30
Sporting Seaia CF- Sporting Zas, ás 16:30
CF Dumbría-SD Sofán, ás 16:30
CF Lira-SCD Malpica, ás 17:00

CF Corme-SCDR Esteirana, ás 17:00

Volantes de Baño FC-Soneira SD, ás 17:00

UC Cee-CF Porteño, ás 17:00

.

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”