2 de Xuño do 2024 xogarase no campo da “Arliña” de Muxía a finalísima da “LIX Copa da Costa”. Aquí vos traemos opinións sobre como ven os seus equipos, o adversario e a gran final.
Suso Cousillas, (2º Adestrador doCF Porteño) : “Vémola coma unha oportuninadade despois de 51 ano con xene que se quedou atrás para o clube e o pobo. chegamos moi enchufados, con moita ilusión. Imos a Muxía coa intención de que se gañamos sería excepcional para a afección baixas temos a de Nico e algunha dubidiña. Moi complicado o once dunha final porque todo o merecen e todos queren xogar. Felicitar a toda a diretiva e a tódolos xogadores, e tódolos que están e aos que se quedaron no camiño, por dar un exemplo Juan “O vello”, que o consideramos parte desto, e tódolos ex xogadores e diretivos
Pablo Conde, (Adestrador do CF Dumbría) : “Chegamos ilusionados á final. Sabemos do potencial dos xogadores do Porteño, e esperamos un partido moi igualado. As finais son especiais e ai que xestionar as emocións.Nós tentaremos facer un bo partido e ser competitivos”.
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores