PREVIA : A VISIÓN DOS ADESTRADORES DO BAIO E SOFÁN PARA A GRAN FINAL DA “58ª COPA DA COSTA”.

 

Mañán xógase a final das finais, a máis seguida do fútbol afeccionado e moito máis ca algúns equipos da 1ª RFEF. En fronte estarán o decano do fútbol da Costa, o CD Baio, cunha copa nas suas vitrinas e 4 finais xogadas e o SD Sofán, sen estrearo seu palmarés como campión, e unha final xogada que perdeu nos penaltis ante o Xallas FC. Primeiro trouxémosvos a previa co vaticino de 40 adestradores dos equipos costeiros dende a 1ª Galicia ata a 3ª da Costa, e agora aquí tedes a previa coa opinión dos adestradores sobre esta Gran Final. O noso desexo de sorte e que non haxa lesionados, para os dous equipos.

 

Félix Raposo, (Adestrador do CD Baio) : “Partido que afrontamos como unha gran oportunidade de poñer un bo fin de festa nesta tempada, moita ilusiòn para un grupo de rapaces expectaculares e merecedores de ser protagonostas na gran final. Rival complicado de superior categoria, xogadores con experiencia e que a nivel individual poden marcar diferenzas…A afeccion so pedirlles que o FAGAN TAN BEN COMO SEMPRE;sendo asi estaràn a altura de ser a mellor afeccion costeira, seran importantes para empuxar òs xogadores a sacar a sua mellor versión”.

Pablo Torreira, (Adestrador do SD Sofán) : “O equipo chega coas máximas gañas e ilusión a este partido. Co obxectivo de intentar gañar, sabendo que nos enfrontamos a un rival moi complicado, tanto a nivel individual como colectivo. Teñen unha columna vertebral formada por grandes xogadores que levan anos cunha idea de xogo que teñen moi asimilada. Todos os que vivimos o fútbol da Costa, sabemos o que representa esta competición. Probablemente sexa a máis especial e seguida no fútbol amateur. Á afección dirialle que lle dea o máximo alento posible ós xogadores, porque eso sempre é un plus máis para o que está sobre o verde. Que disfruten dun día especial e que oxalá sexamos capaces de poder inaugurar o palmarés cunha copa que leva anos perseguindo o clube”.

 

BAIXAS

 O CD Baio ten as baixas de Damián lesionado de longa duracion. Mario reincorporandose a grupo pero non chega, e a dúbida de Braián que se resinteu dunha lesión do pasado domingo no Conco na volta de semifinais contra o CF Dumbría.

Pola sua banda o SD Sofán no apartado de baixas, ten segura a de Gody e Canedo, e ata última hora non darán a convocatoria porque teñen un par de xogadores con molestias físicas.

 

CD Baio-SD Sofán

Día : Domingo 25/06/2023

Hora : 18:00 horas

Campo : A Fontenla, (Santa Comba)

Árbitro : Manuel Castro Mouzo

Árbitros asistentes : Alfonso Caamaño e Alberto Pombo

Cuarto árbitro : David Cancela.

 

 

 

-Foto e Texto : Xosé Búa/Adestradores