PREVIA : 7ª XORNADA DA FASE DE PERMANENZA NA 1ª GALICIA CON 3 DOS 5 EQUIPOS COSTEIROS CON URXENCIA DE PUNTOS DE CARA A SALVACIÓN.

Fase de Permanenza 1ª Galicia

 

Catro xornadas lles quedan a CF Dumbría, Corme CF, Volantes de Baño, Ponteceso SD e SD Soneira, para tratar de escaparse do descenso e que para a vindeira tempada a 1º Galicia Santiago/A Costa se siga nutrindo do maior número de equipos costeiros, xa que imperdonablemente, non fan unha 1ª Galicia só da costa.

No Grupo 1, os dumbrieses non teñen encarrilada a salvación e poderían certificala nesta xornada, namentras que os cormeláns, ocupan a penúltima praza, a que será de descenso para os 2 peores cuartos dos 3 grupos, e visitan o derradeiro clasificado a 3 puntos deles. No Grupo 2, o Volantes ocupa a penúltima praza, polo que están na mesma tesitura cos cormeláns, pero cun punto máis ca eles e o Ponteceso de último cun punto menos cos de Baño. No Grupo 3, o Soneira, xa ten a salvación asegurada. Decir que na loita por evitar o descenso no eido dos dous peores cuartos de grupo, agora mesmo baixarían Volantes e Corme, xa que no Grupo 3 o Praiña ten 8 puntos, polos 7 dos de Baño e os 6 dos de Corme. Polo tanto temos en serio perigo a estes dous e o Ponteceso, que ademáis esta semana recibe o Volantes, pero ainda hai 12 puntos en xogo, e enfrontamentos diretos.

 

XORNADA

Grupos 1

CD Lalín – CF Dumbría 

Hora : 16:45

Campo : Manuel Ánxo Cortizo, (Lalín)

Árbitro : Alberto Pombo Parga 

 

SD Esclavitude Corme CF

Hora : 

Campo : Novo Campo do Doce, (Padrón)

Árbitro : 

 

Descansa : SD Agolada

 

 CLASIFICACIÓN

CD Lalín : 19 puntos

CF Dumbría : 15

SD Agolada : 11

Corme CF : 6

 SD Esclavitude : 3

 

Grupo 2

Ponteceso SD – Volantes de Baño FC

Hora : 17:30

Campo : O Pinguel, (Ponteceso)

Árbitro : Eloy Galán Lagüela

 

UD Val do Ulla  SD Cruces

Hora : 19:15

Campo : O Coto, (Val do Ulla)

Árbitro : Rubén Rodríguez Vaamonde

 

Descansa : SD Tordoia

 

CLASIFICACIÓN

SD Tordoia : 18

SD Cruces : 12

UD O Val do Ulla : 9

Volantes de Baño CF : 8

   Ponteceso SD : 6

 

Grupo 3 

Cordeiro CF – SD Soneira 

Hora : 18:00

Campo : Municipal de Baño, (Valga)

Árbitro : Abel Fernández Lodeiro

 

Praiña Sporting Club   CCD Taragoña

Hora : 18:00

Campo : Juan Amado, (Pontevea)

Árbitro : Marcos Gieguez González

 

Descansa : CD Belvís

 

CLASIFICACIÓN

Soneira SD : 18

CD Belvís : 11

Cordeiro CF : 10

Praiñas Sporting Club : 8

CCD Taragoña : 2

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia