PREVIA “58ª COPA DA COSTA” : “OS OITAVOS REPARTIDOS ANTRE SÁBADO, DOMINGO E MARTES”.

 

Os Oitavos de Final da “58ª Copa da Costa” xogaranse repartidos antre sábado, pasado Domingo e o vindeiro martes. Os que adiantan o seu encontro a xornada sabatina son o San Lorenzo campión da Liga da Costa xoga o derbi ante o veciño Sofán da Preferente e un dos favoritos o título, e o Baiñas-Cee, o campión da 3ª da costa contra un dos históricos desta copa e da Liga da Costa. Para martes queda o esperado Muxía-Soneira que se terá que xogar neste día xa que os muxiáns xogan o Domingo a sua primeira eliminatoria da loita polo ascenso a 1ª Galicia A Costa/Santiago en Muxía ante o Cacheiras SD, (17:00 horas). Eliminatoria na que tamén está o Corme que visita o Domingo ao SD Valiño, (Cabo de Cruz/18:00 horas), pero os cormeláns xa quedaron fora da copa. O resto de encontros destes Oitavos serán o vindeiro Domingo 28 de Maio, cos enfrontamentos e datos que vos damós máis abaixo.

 

-Choques de Oitavos da 58ª Copa da Costa-

 

Ponteceso SD-Outes FC

Domingo 28/05/2023 ás 18:30 horas

Ábitro : Manuel castro Mouzo

 

SD San Lorenzo-SD Sofán

Sábado 27/05/2023 ás 16:30 horas

Ábitro : Juan Carlos Ramos López

 

Muxía CF-Soneira SD

Martes 30/05/2023 ás 21:00 horas

Ábitro : Sen asinar

 

SCDR Esteirana-Xallas FC

Domingo 28/05/2023 ás 12:00 horas

Ábitro : Jesús Piñeiro Lugo

 

CF Porteño-UD Corcubión

Domingo 28/05/2023 ás 17:00 horas

Ábitro : Alberto Pombo Parga

 

Cabana SD-CD Baio 

 Domingo 28/05/2023 ás 17:00 horas

Ábitro : Marcos Ordóñez Rodríguez

 

CD Baiñas-UC Cee

Sábado 27/05/2023 ás 17:30 horas

Ábitro : Adrián Pérez Rellán

 

UD Cerqueda-CF Dumbría

Domingo 28/05/2023 ás 18:00 horas

Ábitro : Óscar Núñez Mayo

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”