Preferente Norte G1
3ª xornada
21/09/2025
-
CF Dumbría – SD Pol | 17:00 | O Conco (Dumbría)
-
CD Lalín – SD Sofán | 18:00 | Manuel Ángel Cortizo (Lalín).
O Dumbría chega con confianza tras gañar en San Tirso na 2ª xornada e quere facerse forte no Conco fronte a un Pol polo de agora descoñecido. Pola súa parte, o Sofán terá que mellorar a imaxe ofrecida a pasada semana na segunda metade ante o Negreira na que se veu superado e terá que rascar algo en Lalín, un campo sempre complicado.
Primeira FUTGAL G2
3ª xornada
21/09/2025
O Muxía buscará resarcirse de haber tido que xogar o pasado Domingo da Barca cos rapaces “baixo mínimos” pero que competiron máis do que eles mesmos esperaban e terá que loitar a domicilio cun Boimorto sempre duro. O Fisterra, que vén de sumar een fornte terá ao Tordoia, un equipo dos que sempre dan guerra. O Camariñas trala vitoria da pasada semana no Santa Isabel, buscará a primeira vitoria do curso na casa ante o Calo, coa ilusión de asentarse na categoría. A Esteirana, tras caer derrotado a pasada semana medirá forzas cun rival, a priori, direto como o Racing San Lorenzo. O Castriz, que non tivo fortuna no último choque, recibe un dos cocos do grupo como é o Arzúa, nun partido de máxima esixencia.
-
Boimorto CF – Muxía CF | 12:00 | O Carballal (Boimorto)
-
SD Tordoia – SD Fisterra | 16:00 | Manuel Juncal (Tordoia)
-
Camariñas FC – SR Calo | 17:00 | Vicente Carril (Camariñas)
-
SD Esteirana – Racing San Lorenzo | 17:30 | Xosé Luis Vara (Esteiro)
-
SD Castriz – CSD Arzúa | 19:00 | San Pedro (Castriz-Santa Comba).
-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”


