PREVIA 3ª DA COSTA, (9ª Xda) : MAÑÁN SÁBADO DERBI DE INVICTOS NO “RODEIRO”, (CAMELLE).

O ano pasado un gol de Djibril no 88 deulle o trunfo os camariñans, (1-2).

 

Se algún encontro destaca sobremaneira nesta xornada na 9ª xornada da 3ª da Costa e posiblemente no fútbol afeccionado costeiros é o que enfrontará dende ás 16:15 horas ao SD Camelle, 3º clasificado con 13 puntos e o Camariñas FC, lider indiscutible con 8 vitorias en 8 encontros disputados. Ámbolos dous úneos ser do mesmo concello, e que ambos non coñecen a derrota no que vai de campionato.

Como decíamos os camariñáns chegan a este derbi con pleno de vitorias e os camelláns con 3 gañados e 4 empatados, ambos sen comecer a derrota o que da un aliciente máis ao choque, no que parten como favoritos sobre o papel os visitantes, pero o tepe do Rodeiro pode ser un tanto a favor para os camelláns. 

Ambas escadras amosan moitos trocos con respecto ao ano pasado. Nos camelláns irrumpeu coa nova diretiva presidida por José Luis Romanía, que fora fundador do clube, un aire de sabia nova, que ven a complementar a xogadores veteranos que saben o que é xogar en 2ª B, Terceira ou Preferente. Pola sua banda o equipo camariñán remozou o equipo con xogadores da vila emigrados e repescados de novo de outros equipo, coa base do ano pasado e xuvenís de boas maneiras.

 

OS ADESTRADORES OPINAN :

Para José Manuel Ordóñez : “Este ano no Camariñas xúntanse varios factores que fan que sea o favorito a levarse o titulo de liga, e polo que se esta vendo levan bo rumbo. Eses factores son, ter un bo entrenador, unha boa plantilla en conxunto e con grandes individualidades. E por ultimo según me din muita implicacion a hora de entrenar.Todo esto fai como se esta vendo nestas 8 primeiras xornadas que esté como lider merecido, e contando todos os seus partidos con victorias”.

Pola sua banda Berto Suárez, adestrador do Camariñas FC : “Xogamos co Camelle na pretempada e fixeron un equipo novo e forte, que nos vai poñer as cousas difíciles, e co “handicap” do campo, pero a nosa intención é seguir sumando e facer todo o posible por gañar”.

O adestrador dos camelláns ao que lle gustaría adestrar tódalas semanas, pero por unhas circunstancias e outras a grande maioría que vive fora non pode facelo, non arroxa a toalla nen moito menos : “Nos vamos a dar a cara e a xogar as nosas cartas, nun partido difícil pero bonito de xogar e no que os nosos xogadores, non teño dúbida algunha, van a demostrar a sua calidade e a entrega por defender o escudo do Camelle, como fan cada partido.

Berto quer “seguir a ruta que levan e continuar sumando”, e cont cas baixas de, Djibril, Mario e Nazo, e “a ver como chegan cando adestremos o venres e decidirei, pois temos unha plantilla ampla”. O campo para o adestrador camariñán pode ser importante : “Unha das cousas que máis medo lle teño é o “Rodeiro”, con todo que leva chovendo estes días a de estar blando e enfangado e eso non nos vai nada, e ademáis pode ocasionar algunha lesión, que eso sería o peor”. 

Para Ordóñez o seu desexo é : “Que se vexa o mellor partido posible dentro das condicións que este o campo tralas chuvias destes días”.

 

“O RODEIRO”

A trégua que deu este venres o tempo con vento forte do norte, con chubascos dispersos, e a bonanza que se espera para o sábado, pode beneficiar un chisco o endurecemento do campo, ca virtude que ten o vento do norte cando non chove que é secante.

O que non fallará, pois é o ben máis preciado que ten o clube camellán, será o ambente, e máis o non haber ningún encontro de fútbol senior nen na 3ª da Costa nen na Liga da Costa, o que fará do “Rodeiro” o centro de atención.

 

DERRADEIROS “ONCES”

SD Camelle : David Caamaño, Huchiño, Valiña, Pablo, Barreiro, David Vázquez, Dido, Vieites, Miguel Riveiro, Tedín e José Caamaño. Tamén xogaron : Mario, Santi “Maka”, Carlos e Paulo.

Camariñas FC : Pablo Novo, Soule, Rodrigo, Óliver, Carlos, Brais, Mickael, Javi Antelo, Francisco, Roi e Brandon. Tamén xogaron : Pablo Suárez, Martín, Sergio, e Antonio.

 

DERRADEIRO ENFRONTAMENTO

O derradeiro enfrontamento en liga destes dous equipos no “Rodeiro” data da pasada tempada, un 2 de Nadal do 2018 ás 16:00 horas, na 12ª xornada da 3ª da Costa. Un choque baixo unha intensa chuvia de SW no que se adiantaban os camariñáns por medio de Soule aos 22 minutos de xogo e que respotaba tralo saque de centro o equipo camariñán cun gol de Mario. Xa cando todo parecía abocado ao empate, aparecía Djibil, a sensación da pasada liga e facía o 1-2 no minuto 88.

 

O ENCONTRO

SD Camelle-Camariñas FC

Xornada : 9

Día : Sábado 16/11/2019

Campo : “O Rodeiro”, (Camelle)

Hora : 16:15

Árbitro : Pedro Oreiro, (Comité Galego)

 

ENCONTROS 9ª XORNADA

16/11/2019

SD Camelle-Camariñas FC : 16:15 horas

17/11/2019

CF Castrelo-UD Monte Louro : 16:30 horas

UD Corcubión-Outes CF : 16:00 horas

CD Nantón-SD Laxe : 16:15 horas

SD Ameixenda-CF Porteño : 16:00 horas-Fotos e Texto :

 

Xosé Búa “Pirata”/piratasdemuxia.es

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies