CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER FSF
Cadete Feminino do Fisober FSF.
PREVIA
Na Liga Galega Infantil Masculina Grupo Norte A os fisoberistas visitan ao AJ Pombo Hércules.
Na Liga Galega Cadete Masculina Grupo Norte o clube do Fisober recibe ao SDCR Narón O Freixo en Dumbría.
Na Liga Galega Cadete Feminina Grupo Norte as costeiras recibe ao Ribeira-Lieders.
Resumo da xornada da pasada fin de semana
Tres partidos tiveron as inferiores do Fisober, un no Conco e tres a domicilio.
Na Liga Galega Infantil Masculina Grupo Norte A e dentro da cuarta xornada de Liga o Fisober recibía nas I.D. de O Conco en Dumbría na mañán do domingo ao SDCR Narón O Freixo, con triunfo local por cinco a tres.
Polo Fisober formaron: David, Adrián, Pablo Costa, Dani, Pablo Taboada; tamén xogaron: Miguel, Gabriel, Eloy Figueroa, Iago Insua.
Os goles costeiros foron obra de Pablo Taboada en tres ocasións, Adrián e Gabriel.
Os colexiados foron Grigori Barbascumpa e Jorge Fernández.
Na Liga Galega Cadete Masculina Grupo Norte e dentro da quinta xornada de Liga o Fisober visitaba no P.M. Grupo Escolar de Padrón na tarde do domingo ao Stellae F.S. La Hacienda House.com , con triunfo local por cinco a un.
Polo Fisober formaron: Brais, Martín, Javi, Leo, Álex, tamén xogaron: Pablo Costa, Adan, Iago Larrañaga, Adrián, Eloy Sambad.
O gol costeiro foi obra de Iago Larrañaga.
Os colexiados foron Saúl e Adán Cabo.
Na Liga Galega Cadete Feminina Grupo Norte e dentro da segunda xornada de Liga o Fisober visitaba ao Pescados Rubén Burela no P.M. Vista Alegre de Burela na tarde do domingo, con triunfo local por catro a un.
Polo Fisober formaron: Laura, Ruth, Sabela, Noa, Claudia, tamén xogaron: Yaiza e Lara.
O gol costeiro foi en propia porta.
Os colexiados foron Jorge Goyos e Ana Fernández.
-Texto : Luis Sambad/piratasdemuxia
-Foto : Fisober FSF