Previa 2ª xornada Primeira Autonómica Futgal G2
Este vindeiro Domingo da Barca, 14 de setembro, xogarase toda a xornada da segunda tirada da Primeira Futgal G2, na que destaca o derbi costeiro antre Muxía e Fisterra, un derbi que comezará cando no porto muxián ainda se esteña ca macro sesión vermút, trala procesión e a traca na honra da Virxe.
Será a primeira vez que se xogue un encontro oficial no Domingo da Barca, pois desde que hai equipos federados na costa, (1963), só se ten xogado algún amigable no desaparecido “Beiramar”, o títpico trofeo das festas.
O clube muxián deulle a opción aos rapaces de que si querían xogar e “eles mesmos decidiron que sí ainda que leven varios días sen durmir”, decíanos o presidente dos muxiáns, Juan José Busto, que hoxe estará dando o pregón da Romaría cos seus xogadores e xogadoras. Non houbo acordo para troco de fecha, o Fisterra quería xogar o mércores en Dumbría e o Muxía venres en Muxía. Non houbo acordo e xogarase co dispositivo de seguridade no seu treito final.
Que se vexa un bo encontro, que estes desacordos non empañen a xornada, que impere a deportividade e que gañe o mellor.
Pola sua banda o filial dos muxiáns xogaba o encontro que lle tocaría nesta fin de semana a pasada semana en Laxe.
Equipos da Costa
A Esteirana visita a un dos “cocos” como é o Bertamiráns, para tratar de sumar pro primeira vez de 3 tralo empate da primeira xornada. O Castriz recibe ao Tordoia na procura de estrear o casilleiro de puntos. O Camariñas visita ao descoñecido Racing San Lorenzo tras na primeira xornada acadar un traballado empate cun dos “cocos”.
| Hora | Partido |
|---|---|
| 12:00 | Cire de Melide – Vizoño SD |
| 16:30 | Bertamiráns FC – SCDR Esteirana |
| 17:00 | S.D. Castriz – SD Tordoia |
| 17:00 | Racing San Lorenzo – Camariñas F.C. |
| 18:00 | UD Bastavales – Praíña Sporting |
| 18:00 | SD Cacheiras – CCD Queixas |
| 18:00 | S.R. Calo – Boimorto C.F. |
| 18:00 | CF Muxía – S.D. Fisterra |
| 18:30 | CSD Arzúa – AD Club do Mar de Caión |
-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”
