PREVIA 2ª XORNADA DA LIGA DA COSTA : “UN ENCONTRO ADIANTADO O SÁBADO, O RESTO O DOMINGO”.

 

Tan só un encontro haberá esta fin de semana no futbol costeiro en sábado. Ata na 3ª da Costa, que comeza esta semana, e que acostuma a ter encontros sabatinos, xogan todos o Domingo 25. Unha mágoa pois o reparto antre os dous dias, daríalles aos afeccionados máis opcións a hora de ir os campos.

O único encontro en xornada sabatina, xógase na Liga da Costa, o UC Cee-San Lorenzo, un choque de alto nivel, no que os ceenses que veñen de gañarlle na primeira xornada ao CD Muros, (1-2), tratarán de sumar a segunda vitoria consecutiva, ante os de Verdillo, que caeron na casa ante o Corme CF, (2-3).

Xa na tarde do Domingo, xógase o resto dos encontros. Volantes de Baño, Ponteceso, Monte Louro, Oza, Muros. Cerqueda e Corcubión, tratarán de sumar os primeiros puntos, xa que todos eles caeron na primeira xornada, na que non houbo ningún empate, e da que podes ver as nosas crónicas PREMENDO AQUÍ.

Corme, Cabana, Coristanco, Outes, Camariñas, Cee, Muxía e Castriz, comezaron con vitoria, polo que buscarán a sua segunda consecutiva, tras unha primeira xornada na que os que máis fortes se amosaron foron, Castriz, Muxía, Coristanco e Cabana, que golearon nos seus encontros.

No cadro de arriba tódolos enfrontamentos, datas e horas.

-Foto e Texto : piratasdemuxia