PREVIA 20ª XORNADA DA 3ª DIVISIÓN GRUPO NORTE : “O BERGANTIÑOS CF A 1 PUNTO DE ROCLAMARSE CAMPIÓNS”.

 

No día de hoxe xóagase a 20ª xornada da 3ª División  Grupo A, a que nos chamamos coma acotío, 3ª División Grupo Norte. O Bergantiños CF ten a oportunidade esta tarde, (17:00 horas), de proclamarse campión de liga a falla de duas xornadas, para o remate desta primeira fase. Os carballeses visitan ao SD Fisterra no “Arasolis” nun choque de moita necesidade para os fisterráns que loitan por evitar o descenso, moi pendentes do que pase nos encontros do UD Paiosaco, que recibe ao CSD Arzúa, cos de Peisaco cun pé na Preferente, e o que pase antre o Agrupación Estudiantil e o Fabril, ambos na loita por evitar o descenso xunto cos fisterráns e o CD As Pontes, que caía este sábado ante o Viveiro CF, (4-0). Na loita por arriba o Racing Vilalbés visita ao UD Somozas, (17:00 horas), na loita antre ambos pols 3ª praza, os vilabeses están a 4 puntos dos somozáns e cun encontro menos.

20ª Xornada

Agrupación Estudiantil-Fabril

No “Santa Isabel” a partires das 17:00 horas árbitrado por Jesús López.

SD Fisterra-Bergantiños CF

No “Arasolis” a partires das 17:00 horas árbitrado por Miguel Ángel Castro.

UD Somozas-Racing Vilalbés

No “Manuel Candocia” a partires das 17:00 horas árbitrado por Elena Casal.

UD Paiosaco-CSD Arzúa

No “Porta Santa” a partires das 17:00 horas árbitrado por Rubén Extremadura.

SD Silva-Polvorín FC

No “Grela I” a partires das 12:00 horas árbitrado por Zulema González.

 

Viveiro CF 4-0 CD As Pontes

Encontro xogado este sábado 13 de Marzal no “Cantarrana” de Viveiro, arbitrado por Luis Lois e no que os viveirenses dan un gran paso para evitar poñerse en problemas ante un rival direto, que de vencer poñería de cheo aos de Viveiro na loita pola permenenza. Os goles dos locais foron obra de Alejandro, (7´) e Nicolás, (43´), na primeira metade e o propio Ncolás repetía a volta de vestiarios, (50´) e Pablo Louzao poñía no derradeiro treito do encontro o definitivo 4-0, (81´).

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies