PRETO DE MEDIO MILLEIRO DE PARTICIPANTES APUNTADOS PARA A “SAN SILVESTRE MALPICANA”.

Unha carreira con moito amor e moito humor.

 

Malpica celebrará a IV edición da San Silvestre o derradeiro día do ano con case 500 inscritos

A saída terá lugar ás 12:00 horas, e irase camiñando ata a saída, no paseo marítimo.

Haberá unha carreira para os máis pequenos, que arrincará quince minutos antes.

 O Concello de Malpica despedirá o ano coa celebración da IV edición da San Silvestre malpicá, na que participarán aorredor de 500 persoas. A saída terá lugar ás 12:00 horas, camiñando ata o punto de inicio, no paseo marítimo. Por primeira vez, a meta estará situada na praia de Area Maior.

O único requisito para participar é vestir unha indumentaria típica do Nadal ou do Entroido, constituíndo unha estampa moi característica destas datas. Ata cincocentas persoas despedirán o ano coa faceta máis divertida do deporte.

Quince minutos antes da proba absoluta, na que se desputarán as categorías masculina, feminina e homenaxe, a rapazada correrá polas principais rúas da vila. Ao final haberá unha entrega de premios, así como música en directo, a cargo do dúo Calú, txacolí, ribeiro e empanada.

Persoa homenaxeada

Como curiosidade, nesta categoría desde que se vén promovendo a San Silvestre de Malpica, renderáselle homenaxe a unha personalidade, e será sorpresa ata o mesmo día. Haberá sorteos, tamén ao remate, dunha cesta valorada en 250 euros, e as camisetas do Básquet Coruña, o Breogán, e do Liceo.

Desde o Concello, quérese agradecer a Serocio, con Sergio Tomé á cabeza, a xestión desta proba, que alcanza a cuarta edición pero que se agarda que sexan moitas máis.

“O Concello quere agradecer a todas as entidades colaboradoras a súa implicación”. 

-Foto : FaceBook “San Silvestre Malpicana”

-Texto : Departamento de prensa/Concello de Malpica

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.