PRETO DE 20.000 PERSOAS CAERON NA INOCENTADA DO “RODEIRO”.

 

No día de onte que se celebraban os “Santos inocentes”, demos a noticia falsa de que o Concello de Camariñas faríase cargo da reparación do “Campo do Rodeiro”, feudo do SD Camelle, equipo que milita na 3ª da Costa, unha nova que foi aberta ao completo, polo que caeron na nosa “iñocente trampa”, un total de 19.833 veces, e o abrir a nova topáronse co monicrecre de “Inocente”.

Polo menos sabemos polas numerosas mensaxes que recibimos por diferentes canles, (Whatsapp. messeger, etc), que moitos déronse de cota o caer que era día dos “Santos inocentes”, e a todos lles sacamos un sorriso que é o que pretendíamos.

Outros daran a nova por certa, pois no día de onte a nosa web tivo 32.347 visitas, polo que moitos non abriron a nova porque non era do seu interese, pero si viron o titular, como pasou cos que viron o titular en FaceBook, ou Twitter e non o abriron.

O Concello de Camariñas non se fará cargo das reparacións, pero si lle deron duro no día de onte os diretivos, José Luis Romaní Junior e Gonzalo “Marcha verde”, que traballaron a reo no campo para tratar de recuperalo con miras o próximo encontrro dos camelláns.

As nosas disculpas se alguén se sinteu ofendido con esta broma.

 

-Foto : Aluminios Camelle

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.