PRESENTADOS EN ROLDA DE PRENSA BETO E MONTERO

 

Luiz Humberto dá Silva Silva, “Beto da Silva” (Lima, Perú, 28 de decembro de 1996) e Francisco Javier Montero Rubio (Sevilla, 14 de xaneiro de 1999) foron presentados esta mañá como novos xogadores do Deportivo en rolda de prensa acompñados de Carmelo del Pozo.

Ambos xogadores falaron de como se deu para chegar o Deportivo e da implicación que van a ter con este proxecto. Tamén foron convocados para o “Trofeo Moncho Rivera” desta tarde, (20:00 horas-18:00 GMT), ante o Racing de Ferrol na “Malata”.

 

 

O central sevillano subliña que o Deportivo “é un club histórico, de Primeira. E iso influíu na decisión”. Conta que se decidiu pola Coruña “polas opcións que me daba o Club e sobre todo a afección. É moi boa, histórica. É un salto máis na miña carreira profesional”.

 

 

Beto cualifica a súa fichaxe como “unha linda oportunidade persoal para min poder volver a Europa. Encontro acá un gran equipo, con grandes xogadores”.

Todas as fichaxes do Deportivo, excepto Mollejo que está convocado ca Selección Española, e do Dépor ABANCA luciron a nova colección do clube ca roupa de xogo, adestramento e paseo. Un acto que tivo lugar na DeporTenda de Marineda City.

Abaixo na portada da web tes os noso “Vídeos Recomendados” nos que podes ver o vídeo en formato grande  completo a rolda de prensa do xogador e tódolos vídeos que sube o Deportivo.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies