PRESENTADO O VÍDEO DA CANCIÓN “NOS VAN A VER VOLVER” QUE ARRASA NAS REDES E PLATAFORMAS DE MÚSICA.

 

Na noite de onte martes 28 de Novembro de 2023 foi presentado o vídeo da canción “Nos van aver volver”, do grupo Coego. No acto de presentación estiveron presentes varios dos que participan no mesmo, Álex Bergantiños, Yeremay, Diego Villares, Mella, Lucas Pérez ou Ian Mackay, ademáis participaron no vídeo ex futbolistas coma Manuel Pablo ou Uxío da Pena, e chavales e chavalas dos equipos de base e do feminino, así como deportivistas coñecidos da farándula e outras facetas da sociedade, e máis de 200 extras. O vídeo que dura 4:27 minutos remata con imaxes icónicas da historia deportivista, como a consecución de varios dos 7 títulos que ten o equipo de fútbol máis laureado de Galicia, e un dos 9 que gañou Liga Española.

O vídeo co grupo Coego tocando vai intercalando imaxes ao máis puro estilo do FIFA Street, ou dos anuncios de marcas deportivas e refrescos da época cando chegou a publicidade o boom dos deportes. Calidade tanto na melodía, como na letra e na producción do víedo, que en poucas horas superou as 12.000 visitas en YouTube, e en Spotify dende que se estreou leva preto das 80.000 audicións.

A canción que xa é coma un himno en cada encontro en Riazor, xa ten agora cara e protagonistas, e oxalá máis pronto que tarde se de o que día a sua letra.

 

O vídeo rodado nos Rosales emula videoxogos e publicidade dos 2000.

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Vídeo : Coego

-Foto : Captura de pantalla