PRESENTADO O “I TORNEO INTERNACIONAL DE FÚTBOL DE VETERANOS COSTA DA MORTE” QUE TERÁ 12 EQUIPOS.

Presentado na Casa do Concello de Carballo o “I Torneo Internacional de Veteranos da Costa”, para xogadores de +35 anos, que orgañiza CF Cances e que se desenrolará os días 22-23 e 24 de Agosto deste 2025, tal e como xa vos viñemos informndo. O torneo para o que levan traballando todo un ano ten a colaboración co Concello de Carballo, Carballo Deporte e do Bergantiños FC que cederá os campos para a disputa dos encontros. 

Yolanda Duarte que ten na coordinación do inédito evento xunto ca sua compañeira Rebeca Varela, pecharon o número de equipos en 12, “para comezar co torneo e no futuro ir ampliando, poderíamos contar con 24 pero consideramos que mellor é ir pouco a pouco, para ir ampliando en vindeiras edicións”, o que xa deixa claro que xa antes da disputa desta primeira edición hai idea de continuar.

Ademáis do meramente deportivo e de confraternidade o evento ten algo especial pois é un torneo de solidaridade ca nosa Daniela e máis ca Asociación Princesa Rett. “Xogaremos por elas, por dar visibilidade a sua loita e aportar o noso graiño de axuda”, afirmou Yolanda Duarte.

O nivel dos equipos que participaran é moi alto e con equipos tanto da Costa da Morte, coma da provincia da Coruña, do resto de Galicia e de diversas zonas de España.

Os 12 que loitarán por levatar este primeiro trofeo son :  Deportivo da Coruña, Peloteros Granada, Veteranos Zamora, Juventud de León, As Lendas da Costa da Morte, San Román da Laracha, Os Veteranos de Cereo, Oza, A Piña, River Ourense, Os Rosoneros da Coruña e como non podía ser doutra maneira, o anfitrión,  CF Cances.

 

-Fotos : A orgañización

-Texto : Xosé Búa “Pirata”