Segundo nos informan dende a Real Federación Galega de Fútbol, o preidente da entidade, Rafael Louzán, asistiu este martes á presentación do novo equipo feminino infantil do Bergantiños FC – Escola Luis Calvo Sanz. Segundo nos inforaman dende o ente futbolístico galego este é : “Un feito que volve a poñer de manifesto que o avance do fútbol feminino galego é imparable. O club de Carballo crea este equipo para participar na terceira edición da Copa Gallaecia, pero tamén coa intención de tratar de formar parte na primeira Liga Infantil Feminina aprobada na Comisión de Fútbol Feminino e que desde a Federación pretendemos crear para a vindeira tempada.Louzán felicitou ó club carballés, en especial á súa xunta directiva, por poñer en marcha esta iniciativa e sobre todo polo “extraordinario traballo que veñen realizando coas categorías base, sendo un dos referentes en Galicia”. Remarcou a aposta federativa polo fútbol feminino, unha aposta que se asenta no traballo dos clubs, indicando que entre todos temos que ir avanzando no camiño da igualdade. Tal e como nos onforman dende a RFGF.
+++++++++++++++++++++++
-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-
-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-
-COLABORA COA NOSA WEB-
Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…
Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.
Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.
Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.
-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-