PRESENTADO EN PONTECESO O CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓNS SUB 11 E SUB 13 QUE TERÁ LUGAR O LUNS 25 EN CORME E PONTECESO.

A presentación tivo lugar no salón de actos do Concello de Ponteceso.

 

Ponteceso e Corme xa velan armas para a gran cita. A gran festa do fútbol base desembarcará o próximo luns día 25 no municipio grazas á colaboración do consistorio local e dos clubs anfitrións, o Ponteceso SD e o Corme CF.

O Concello de Ponteceso acollerá o Campionato Galego de Seleccións Comarcais Masculinas das categorías Sub 11 e Sub 13. En total serán uns 250 xogadores os que se darán cita nos campos O Pinguel e O Cairo.

O evento foi presentado este venres no Concello de Ponteceso coa presenza do presidente da RFGF, Rafael Louzán; do alcalde Xosé Luis García; da concelleira de Turismo, Deporte, Festexos e Dinamización Económica, Raquel Fondo; do vicepresidente da RFGF, Juan Luis Villamisar; da integrante da xunta directiva e portavoz da Federación, Silvia Cancela; e varios representantes das entidades anfitrioas.

O campionato sofre este ano importantes variacións. En primeiro lugar cambian as categorías co fin de facilitar o traballo dos seleccionadores galegos, pois deste xeito poden realizar a súa función de seleccións de xogadores con vistas xa á vindeira campaña. Outra modificación importante é a fusión do campionato nunha soa xornada.

Desde a Real Federación Galega de Fútbol agradecemos ao Concello de Ponteceso a súa colaboración e total predisposición para que esta gran festa do fútbol de canteira sexa un éxito. Igualmente agradecemos a colaboración dos clubs anfitrións, o Ponteceso SD e o Corme CF.

Neste novo Campionato Galego participarán un total de 8 seleccións nas dúas categorías: A Costa, Ferrol, A Coruña, Lugo, Santiago, Vigo, Ourense e Pontevedra.

Tanto na categoría Sub 13 como na Sub 11 as 8 seleccións participantes estarán divididas en dous grupos. 

 

 

Na Sub 13 Masculina todos os encontros terán lugar no campo de O Cairo. O formato de competición será un sistema de liga (cada equipo disputará tres encontros) e os primeiros clasificados de cada grupo (A e B) accederán directamente á gran final do Campionato Galego.

 

 

Na Sub 11 Masculina, pola súa banda, todos os encontros terán lugar no campo de O Pinguel. O formato de competición tamén será un sistema de liga (cada equipo disputará tres encontros) e os dous primeiros clasificados de cada grupo (A e B) accederán directamente ás semifinais. Os terceiros clasificados disputarán a loita polo 5º e 6º posto e os cuartos clasificados xogarán polo 7º e 8º postos.

 

 

Duración dos partidos

Os partidos terán unha duración de 20 minutos en cada metade e 3 de descanso no caso da categoría Sub 13 (Fútbol 11) e de 15 minutos con 2 de descanso na categoría Sub 11 (Fútbol 8).

 

Normativa

A normativa desta nova edición do Campionato Galego de Seleccións Comarcais é a seguinte:

 

 

 

 

-Fotos e Texto : RFGF/Luis Chantrero

 

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.