PRESENTADO EN CAMARIÑAS O TORNEO “AS BALEAS” DE FÚTBOL NAS CATEGORÍAS PREBENXAMÍN, BENXAMÍN E ALEVÍN.

Presentación do cartel do torneo.

 

A Escola de Fútbol Juan Cabrejo e o Concello de Camariñas celebrarán o próximo sábado, 22 de xuño, o Torneo As Baleas no campo de fútbol Vicente Carril. No evento participarán os xogadores das categorías prebenxamín, benxamín e alevín dos seguintes equipos: SRD Unión Club Cee, Unión Deportiva Cerqueda, Sociedad Deportiva Laxe, Bergantiños FC – Escolas Luis Calvo, Sociedad Deportiva Sofán e Club Deportivo Concello de Zas.

A presentación oficial da cita deportiva correu a cargo da alcaldesa, Sandra Insua, do concelleiro de Deportes, Fabián Canosa, do presidente da Escola de Fútbol Juan Cabrejo, Marcos Lema, do director, Juan Cabrejo, e do adestrador Pepucho.

O torneo “As Baleas” fai referenza no seu nome a aquel club que se creo a finais dos 90  da man de Vicentiño, antre outros, e que compiteu a grande nivel dándolle pulo a centos de rapaces do concello camariñán nas competicións costeiras, alcanzando altas cotas de éxito e orgañización.

-Foto e texto : Prensa Concello de Camariñas/Xosé Búa “Pirata”