PRESENTADA A NOVA ESCOLA DE TECNIFICACIÓN DE FÚTBOL QUE TERÁ LUGAR EN CEE AUSPICIADA POLA ESCOLA LUIS CALVO, RC DEPORTIVO E UC CEE.

Os representantes dos clubes e concello de Cee co poster da Escola de Tecnificación.

 

Presentada nova Escola de Tecnificación que terá a sua sede en Cee

Tal e como vos apuntábamos onte, na tarde deste martes 9 de Marzal, tiña lugar na Casa da Cultura de Cee a presentación da nova Escola de Tecnificación que orgañiza a Escola de Fútbol Luis Calvo-Bergantiños CF, o RC Deportivo e o UC Cee, no eido dos pactos de colaboración antre as entidades deportivas.

Representantes das tres entidades deportivas xunto coa alcaldesa ceense, presentaron este novo proyecto dirixido os nenos/as da Costa da Morte de entre 6 e 14 anos.

Jesús Capelán (Responsable fútbol base Bergantiños FC), Pablo Barros (Coordinador Actividades Formativas
Fundación RC Deportivo), Fran González (Director Futbol Base RC Deportivo) e Ramón Iglesias
(presidente da SRD UC Cee), así como Margarita Lamela, alcaldesa de Cee, falaron no acto constituinte da nova Escola de Tecnificación.

Escola de tecnificación: para o desenvolvemento deportivo e de valores educativos

A Escola RC Deportivo Escolas Luís Calvo – Cee nace co obxectivo de contribuír ao
desenvolvemento educativo e social dos nenos e nenas da nosa contorna.

Considerando a actividade física e o deporte como unha parcela importante de desenvolvemento
de valores educativos, integradores e beneficiosos para a mellora da calidade de vida
de todos os grupos de poboación, o RC Deportivo da Coruña, as Escolas Luís Calvo
Sanz e a SRD Unión Club Cee únense para crear a nova escola de tecnificación nunha
das localidades máis importantes da Costa da Morte.

Este proxecto ademais de fomentar valores deportivos e de desenvolvemento social e educativo,
ten como finalidade principal axuntar esforzos e coñecementos para impulsar a
difusión, promoción e fomento de actividades deportivas e sociais, co compromiso
de complementar os adestramentos e a formación futbolística dos nenos e nenas de maneira
individual, personalizada e atendendo ás necesidades de cada un deles.
Escola RC Deportivo Escolas Luís Calvo-Cee

Esta escola de tecnificación, que se poñerá en marcha en Cee, abrirá o prazo de inscrición
esta mesma semana e ten previsto empezar a súa actividade o próximo mes de Abril.

O prazo de inscricións está aberto dende hoxe mesmo. Infórmate PREMENDO AQUÍ.

 

 

-Foto : Muchi

-Texto : piratasdemuxia