PRESENTADA A ESCOLA DE FÚTBOL FEMININO DE DUMBRÍA NUN FERMOSO ACTO NO CONCO.

 

O CF Dumbría ca colaboración do Fisober FSF orgañiza a Escola de Fútbol Base Feminino, co obxetivo de fomentar o deporte feminino, a igualdade de xénero e a formación técnico e táctica das rapazas.

Esta escola que será dirixida polo muradán Fran Figueroa, un dos artífices do ED As Miúdas e a vimiancesa Ana Mouzo, xogadora do Fisober FSF, e toda unha institución no futsal e fúbol na Costa da morte, estiveron na presentación, que tivo lugar no Municipal do Conco de Dumbría, onde impartirán coñecementos para disfrute e aprendizaxe das 30 rapazas, que comezarán na escola, nesta primeira edición.

 

Ana Mouzo e Fran Figueroa na presentación.

Na presentación tamén estiveronn a seleccionadora galega Vicky Vázquez, Nuria Rábano, xogadora da Real Sociedad, o alcalde José Manuel Pequeño, e o concelleiro de Deportes.  

-Fotos : Concello de Dumbría

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies