PRESENTADA A 3ª EQUIPACIÓN DO DEPOR 2019/20 : “GALICIA”

 

Un ano máis e xa van 5 consecutivos a nosa bandeira forma parte dunha das equipacións do Depor. Unha camisola que xa lle temos un cariño especial e que desexamos que siga por sempre. 

 

 

A “Galega” como lle chamamos moitos, foi evolucionando e de ser a bandeira galega pasou nestes cinco anos a levar o himno galego na franxa azul. Pasou de chamarse “Día das Letras Galegas” a chamarse como agroa “Galicia”, unha referenza que leva na parte datrás, baixo a caluga, e este ano suma a silueta do noso país baixo o escudo. Logo leva nos costados unhas franxas azuis de mera estética para darlle un pequeno troco para darlle un toque diferente, de cara o comercial.

Hoxe “Día de Galicia” temos unha cousa máis da que presumir na nosa terra e que acompañará todo ano ao clube de fútbol máis representativo e seguido de Galicia no mundo. Só nos falla unha cousa, que esa “L” de “La Coruña” desapareza do noso escudo.

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es