PRESENTADA A 2ª EQUIPACIÓN DO DEPOR : “UNHA HOMENAXE A RIAZOR O NOSO CAMPO DE BATALLA”

 

A segunda equipación unha homexa ao Estadio de Riazor

O Real Club Deportivo renderá tributo ao seu Estadio no segundo uniforme da Temporada 2019-2020. O equipamento homenaxea a ESTADIO DE RIAZOR no seu 75 aniversario, que se celebrará o próximo 29 de outubro, cunha camiseta na que sobresae a impoñente estampa da Torre de Marathón sobre a cor verde dun céspede que conta tres cuartos de século de vida, pois ambos son os dous únicos elementos que sobreviven á construción orixinal de 1944.

 

 

Os ribetes das mangas están adornados polas icónicas cruces das balaustradas do Estadio orixinal (1944-1982) e na parte posterior do pescozo pode verse o logotipo actual de ESTADIO DE RIAZOR, co ano de inauguración e o actual a cada lado do mesmo. No costado aparece a Torre de Maratón único vestixio do antigo estadioi e na parte traseira trala caluga o estadio co ano de inauguración e o actual do 75º aniversario.

 

 

DATAS DOS 3 PRIMEIROS ENCONTROS DO DEPOR 2019/20

O primeiro choque oficial do curso, fronte ao último equipo do novo adestrador deportivista Juan Antonio Anquela, terá lugar o domingo 18 de agosto ás 18:00 horas e será retransmitido en directo por Vamos.

Na 2ª xornada, os branquiazuis visitarán a un dos equipos descendidos de LaLiga Santander, o SD Huesca. O partido celebrarase o domingo 25 de agosto ás 19:00 horas e será retransmitido en aberto por Gol desde El Alcoraz.

O terceiro encontro, tamén fóra de casa, será novamente en domingo, o 1 de setembro, ás 18:00 horas. Outro recentemente descendido, o Rayo Vallecano, espera no estadio de Vallecas ao equipo coruñés a partir das 18:00 horas. Novamente será a canle Vamos quen o emitirá en directo. 

 

ENCONTROS DO CD LUGO

1ª Xornada : Sábado 17 ás 18:00 horas recibe ao UD Extremadura no “Ánxo Carro”

2ª Xornada : Sábado 24 visita o “Carlos Tartiere para xogar ante o Oviedo ás 18:00 horas

3ª Xornada : Domingo 1 de Setembro recibe ao UD Alcorcón a partires das 18 horas

 

+++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies