PRESENTACIÓN DOS XOGADORES EN RIAZOR E PROBAS MÉDICAS NO INICIO DA PRETEMPADA

 

O cadro de técnicos e xogadores arrincou esta mañá a pretemporada 2021-2022 na bancada de Tribuna de ABANCA-RIAZOR con en un sinxelo acto de presentación ao aire libre pola complicada situación sanitaria derivada da pandemia de COVID-19.

David Villasuso, Director Xeral e Conselleiro do RC Deportivo, tomou a palabra en primeiro lugar para dar a benvida e desexar a todos os presentes “moita sorte, que será a sorte do Club tamén”.

A continuación, Juan Giménez, adxunto á Secretaría Técnica, dirixiuse ao grupo nun breve discurso co obxecto de reiterar todo o apoio do Club a técnicos e futbolistas.

Finalmente, Borja Jiménez, adestrador do equipo, subliñou nas súas primeiras palabras ao cadro que “coa ilusión non se negocia”.

Tras iste acto os xogadores pasaron pola clínica de Quirón Salud de Riazor, na que pasaron os recoñecementos típicos do comezo da pretempada e pasaron por rolda de prensa, contestando unha pregunta dos xornalistas, ao ser 9 xogadores os que falaron.

Ademáis de : Álex Bergantiños, Valín, Borja Galán, Claudio Beauvue, Pablo Brea, Gandoy, Fede Cartabia, Borja Granero, Salva Ruiz, Villares, Juan Rodríguez, Ian Mackay, Rafa de Vicente, Adrián Lapeña, Diego Aguirre, Menudo, Pablo Trigueros, Calavera, William de Camargo e Alberto Quiles, estivo o caneirán Iván Guerrero.

Con permiso do clube non estiveron Keko Gontán, Uche Agbo, Celso Borges, Valín e Héctor Hernandez. Os dous primeiros sen explicar o motivo. o costarricense, convocado ca selección do seu pais para a Copa de Ouro. Valín foi operado das cadeiras e ten para un mes antes de voltar cos compañeiros e Héctor, está acabando un confinamento de COID-19, pero non explicou o doutor Lariño, (que pasou por rolda de prensa), se foi por haber stado él contaxiado, ou se é por contacto direto cun contaxiado. Cóntase que o luns xa esté en Abegondo con todos os seus compañeiros.

-Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo

-Foto : RC Deportivo


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies