Mañán sábado 14 de Nadal terá lugar na Casa da Cultura de Vimainzo a presentación do libro do fotógrafo muxián, “Homes e mulleres de sal e de ferro”, un extraordinario traballo do fotógrafo muxián , Xesús Búa, que tivo a semana pasada a sua presentación en Muxía e que foi un extraordinario acto no que non só a presentación foi un éxito emotivo e contundente, senón que o despois con xente do mar foi un epílogo extraodinario no que mariñeiros e percebeiros da costa departiron e faláronse de mil e unha anédotas do vivido desde nenos/as.
Agora é o turno de Vimianzo onde a pesares de que só conta cuns poucos metros de costa a carón de Camelle, no chamado “Coido de Sabadelle”, conta con percebeiras, así como soa “percebeiras”.
O acto terá lugar na Casa da Cultura vimiancesa a partires das 18:30 horas, un acto que non vos podedes perder pola beleza estética e por todo o que representa para un coletivo que un día si, e outro tamén, arriscan a sua vida para que poidamos presumir de ter na nosa mesa, e na de moita xente, dun dos mellores manxares do mundo.
-Foto : Xesús Búa
-Texto ; Xosé Búa “Pirata”