PRESENTACIÓN DE KOKE VEGAS : “VIR O DEPORTIVO E VIR A UN CLUB GRANDE”.

 

Koke Vegas : “Calquera xogador de fútbol cando escoita Deportivo de La Coruña sabe que vén a un Club grande”

Jorge Ruiz Ojeda (Antequera, Málaga, 27 de setembro de 1995), máis coñecido como Koke Vegas, foi presentado esta mañá como novo xogador do Real Club Deportivo.

Tralo pertinente posado no campo 1 ante os medios de comunicación gráficos, o novo meta deportivista advirte que vén “a currar ao máximo, a traballar a tope, consciente da esixencia que hai. As expectativas son vir competir e a xogar o máximo número de minutos posibles”.

Tivo palabras de eloxio para o seu compañeiro de demarcación, Dani Giménez: “Unha traxectoria moi boa, unha temporada pasada mágnífica. Sei que non será fácil. Non é a primeira vez que me atopo con porteiros de moi alto nivel. Vimos subir a competitividade o máximo posible. A partir de aí a decisión é do míster”.

Considérase un porteiro “equilibrado na maioría das facetas. Ningunha calidade moi boa nin ningunha que estea moi por baixo”.

Aínda que disputou poucos minutos de xogo nas últimas temporadas, pero “tampouco é algo que me afecte demasiado. Estou afeito responder cando teño que asumir un rol menos participativo. Á vista está os partidos que hei ir xogando a última temporada, aínda que non fosen demasiados. O rendemento cando me tocou foi bastante positivo”.

Cualifica esta temporada como “ilusionante. Calquera xogador de fútbol cando escoita Deportivo de La Coruña sabe que vén a un Club grande; sabe que é unha situación momentánea ou accidental que nos atopemos en Segunda División. Coa máxima ilusión primeiro de poñernos en forma, de que arranque a liga para competir o mellor posible”.

 

Rolda de prensa de rcdeportivo.es-

 

 

O VÍDEO DA ROLDA DE PRENSA

Abaixo na portada da web tes os nosos “Vídeos Recomendados” nos que tes o completo estar rolda de presentación de Koke Vegas, así como tódolos vídeos que sube o RC Deportivo.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies